Presencia-OpiniónVolver ó índice / Latinoamérica
Control cambiario en Venezuela, un arma política
Por Lino Pellitero (Canal Mundo, 10/06/2003)
 
 

Venezuela vive o seu peor semestre económico dos últimos 53 anos. O 21 de xaneiro de 2003, logo de máis de mes e medio de paro xeral indefinido, o Banco Central anunciou a suspensión do mercado cambiario. “O control cambiario chegou para quedarse”. Esta afirmación do Presidente Hugo Rafael Chávez Frías, pode que sexa pasaxeira retórica mitineira, mais todo apunta a que é utilizado como unha poderosa arma política en mans do goberno para afianzar a súa orientación económica.

Poucas empresas venezolanas están en condicións recibir dólares e cumpren os requisitos esixidos de estar ao día nos pagos empresariais á INCE (Instituto Nacional de Cooperación Educativa) a Conavi (Consello Nacional para a Vivenda), SENIAT (Servicio Nacional Integrado de Administración Aduaneira e Tributaria e ao IVSS (Instituto Venezolano de Seguros Sociais). As finanzas do IVSS (Instituto Venezolano de Seguros Sociais).

Os motivos alegados polo goberno para implantar o control de divisas son:

Caída brusca do nivel de reservas de divisas durante o Paro indefinido, que inmobilizou ao principal fornecedor de divisas do país, a empresa estatal petroleiro: PDVSA.Deter a fuga acelerada de divisas durante a crise política do 2002. Frear a perda de valor do bolívar a causa das compras especulativas de dólares no medio da inquedanza política. Controlar a compra de dólares que en xaneiro fixo caer o prezo do bolívar un 24%, cando xa no ano 2002 caira nun 46%. Promoción do empresariado nacional, dos grupos económicos locais e dos sectores productivos máis necesitados, en detrimento dos productos importados. Substitución de grandes importadores por opcións cooperativas. Romper a consigna de desobediencia fiscal lanzada dende a Fedecámaras.

Outras razón non alegadas polo goberno, pero que subxacen no mantemento co control cambiario: Castigo político aos grupos económicos que encabezaron o golpe militar e impulsaron o paro indefinido dende o 2 de decembro de 2002. Reverter a fuga de capitais, obrigando a traer dólares fugados ao exterior para pagar as súas importacións, xa que o goberno non acelera a burocracia e no mercado negro o dólar ten un prezo prohibitivo. Primar a grupos económicos ligados ao goberno. Obrigar ao empresariado a establecer contactos individuais co goberno para seren fornecidos de dólares, sen interlocución de Fedecámaras. Dividir estratexias e intereses do empresariado, privilexiando aos más dóciles.

As razóns nas que acreditan a maioría dos empresarios son que Chávez quere acabar coa economía privada para implantar un réxime semellante ao cubano. O goberno quere vingarse dos empresarios por ter promovido o Paro Indefinido. O Presidente quere axeonllar aos empresarios, humillalos e obrigalos a comer na súa autoritaria man.

Goberno e oposición coinciden en que se trata que o Control de cambios é un arma política. O directivo de Fedecámaras,Carlos Fernández, manifestou que “o goberno non cesa de provocar novas confrontacións no seu empeño en aniquilar ao sector empresarial privado para substituílo polo modelo castrocomunista cubano. País rodeado por un mar cada vez máis cheo e balseiros que foxen da felicidade que tanto fascina ao noso goberno... un auténtico secuestro cambiario, que non é máis que a vinganza oficial ao contundente paro cívico nacional realizado entre decembro e xaneiro... Manexa o Cadivi con criterios de primate, mentecato e malicioso”.

Opinión compartida por Luís Vicente León , director de Datanálisis quen considera que “antes do paro xeral os planes económicos do goberno se enmarcaban dentro dun modelo liberal, paro logo tense producido un cambio que levou a intervención da economía coa aplicación do control de cambios e de prezos”.

Declaracións antagónicas as de Francisco Natero, que tamén ocupara as máis altas responsabilidades ao fronte da patronal empresarial Fedecámaras e agora Ministro de Estado para zonas especiais de desenvolvemento sustentable quen afirma categoricamente “¡Por Deus! Aquí Nunca haberá comunismo en Venezuela, eu diría que a aspiración de todo venezolano é ser nacionalista... Nun momento determinado, durante o Paro indefinido Venezuela non dispuña de divisas, e o país estaba ao borde do desabastecemento en moitos sectores. Mesmo houbo un momento no que nin había gasolina para os vehículos que transportaban os alimentos. As forzas armadas nin podían voar nos seus avións... Con Rómulo Betancourt, estiveron suspendidas al liberdades económicas. Houbo unha férrea marcaxe dende o estado: controis, regulacións, intervencionismo, creouse a conacopresa que impuña prezos, custes, salarios”.

Sobre a manifestación do Presidente que non daría dólares aos golpistas, considera que non son máis que un enunciado político.

Varias son as consecuencias directas do Control cambiarios sobre a economía. A mais inmediata é o aumento da inflación. Un aumento dos prezos, xa que no mercado negro a divisa se cotiza a 2.450 bolívares, cando o cambio oficial está a 1.600. O proceso inflacionario xa se percibiu con forza no mes de abril, no que os prezos dos productos importados subiron un 27%.

Demora na entrega de solvencias. A maquinaria burocrática é lenta, pesada e ineficiente. Son moitos os empresarios que están ao día nas súas contas co estado, pero que non dispoñen no prazo necesario dos dólares para facer fronte a compromisos de investimentos adquiridos con anterioridade ao control cambiario, ou cos fornecedores internacionais de materias primas.

Esta excesiva tardanza na entrega de dólares, ocasiona un desabestecemento de determinados rubros. Hoxe en Venezuela non é doado atopar nos supermercados, fariña, ovos ou polos.Para contrarrestar este desabastecemento o Estado xestiona directamente importacións paralelas que se encarga de distribuír, a prezos por baixo do mercado, especialmente nas barriadas máis humildes

O presidente do Cadivi, Edgar Hernández Behrens, se mostra partidario dun modelo semellante ao brasileiro. Artellando un sistema técnico integral que poida ter o control sobre todas as operacións, importacións, exportacións, débeda externa privada, investimento estranxeiro, onde o Banco Central estea enlazado con operadores cambiarios e aduanas.

Tamén contempla o sistema que os exportadores teñan que vender ás súas divisar ao banco central, como fixo Arxentina, seno queres perder as licencias de importadores-exportadores, recoñecidas polo estado.

Unha das afirmacións de Edgar Hernández confirma que estamos diante de unha medida, que estivo xustificada inicialmente, pola caída das reservas pero que unha vez recuperadas a niveis aceptables, ten motivacións claramente políticas. “Pretendemos establecer cotas de importación para determinados productos, a fin de que compense a producción nacional e ao encherse ese rubro se bloquea. Mesmo pódense prohibir as importacións de determinados productos”.

 
 

Lino Pellitero é membro do IGADI.

 
Volver ó índice

Volver ó principio


Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.gal

ÚLTIMA REVISIÓN: 13/06/2003
Fernando Pol