Schröeder: ¿O chanceler non ten quen lle escriba?

O chanceler Gerhard Schröder debe sentirse nos últimos días como un comandante que foi abandonado pola súa tripulación, pilotando un navío a punto de afundirse. As reformas do "estado social alemán", que el mesmo reciben fortes críticas e rexeitamento de case todos os sectores. Repróchanlle que a súa política provoque o declive do "estado de benestar".

As críticas culminaron a semana pasada nunha carta electrónica, remitida por un militante de base do partido do chanceler, o SPD (Partido Social-Democrático alemán), na que esixía a dimisión de Schröder: "¡Non hai outra saída " o chanceler debe deter o curso das reformas ou irse inmediatamente! ". Pero non soamente na base do seu partido o chanceler a penas atopa respaldo; tamén perdeu o apoio dos seus partidarios máis fieis.

Dende 2003, Schröder apadriñou unha serie de reformas: primeiro, a "Axenda 2010", que integra varios apartados para liberalizar o sistema social e o mercado laboral; segundo, o paquete "Hartz I" e sucesivos -ata "Hartz IV"-, conxunto de medidas dispostas para enfrontar o problema do déficit no financiamento das prestacións de desemprego, provocado pola alta taxa de paro dos últimos anos, e facilitar e acelerar o reingreso na vida laboral dos desempregados.

Non soamente o mal estado xeral da economía alemana e o desemprego máis elevado dos últimos anos, superior ao 10%, influíron na perda de confianza da sociedade na capacidade do chanceler para construír un futuro seguro, anhelo permanente dos seus concidadáns; tamén estas reformas contribuíron en boa medida á frustración xeral. Deste modo, a presentación de "Hartz IV" a semana pasada aumentou o nivel de desánimo e rexeitamento cara a política do chanceler, incapaz de xerar o máis mínimo entusiasmo.

A reforma significa para moitos desempregados un empeoramento da súa situación financeira, porque reduce as prestacións por desemprego de 32 a 12 meses. A partir dos 12 meses recibirán unha contía moito máis limitada, a "asistencia social". Pero ao saberse que incluso os aforros dos fillos menores de 14 anos, superiores aos 750€, entrarían no cálculo das prestacións, o vaso da indignación desbordouse multiplicándose e xeneralizándose as voces que reclamaban a dimisión do chanceler.

Primeiro ca ninguén, e coa carta electrónica como exemplo máis claro, a propia base do SPD. Xa hai tempo que non se sinte representada por Schröder, o que se traduciu nunha progresiva e numerosa diminución de membros do partido nos últimos anos. Reprochan ao seu líder a destrucción da identidade do SPD, dende sempre o partido portavoz dos intereses dos traballadores; e agora deixou de selo, como o demostra o obvio desmantelamento do "estado social" e a orientación pro-empresarial que se recolle abertamente na "Axenda 2010".

Cos sindicatos, dende antigo moi vinculados ao SPD, Schröder tampouco pode contar máis. Cando o chanceler presentou en marzo de 2003 o seu programa de reformas, os sindicatos se sentiron defraudados, porque as medidas presentadas contraviñan os principios de xustiza social que forman parte do seu ideario máis elemental. Anunciaron que, nas circunstancias actuais, non apoiarían máis ao chanceler e ao SPD, moito menos nas próximas eleccións ao Parlamento Federal, previstas para 2006. Isto significaría un duro golpe para o SPD.

Os dous sindicatos máis poderosos de Alemaña, o IG Metall e Ver.di, convocaron manifestacións contra as reformas; e os dous líderes, Jürgen Peters (IG Metall) e Frank Bsirske (Ver.di), responsabilizan a Schröder polo "gran abismo" aberto entre o SPD e os seus partidarios.

Cos votantes, parece que Schröder arruinou toda posibilidade de reconciliación. Nas eleccións europeas de xuño de 2004, o SPD obtivo o seu peor resultado da posguerra. E non foi unha demostración puntual ou illada: o electorado deulle as costas. O estado da economía, o incremento da taxa de desemprego, pero tamén a política opaca, sen liñas claras, e unha serie de reformas pouco comprensibles para a maioría da poboación, que está cansada dende hai tempo da reiteración de palabras como "aforrar", "apertar o cinto", "reformas" e "desmantelamento social", acabaron coa paciencia dos votantes. Schröder, nestes días, é máis impopular ca nunca. Ata os seus partidarios máis fieis perderon a fe en que poida facilitar aínda o auxe económico e o descenso do desemprego. Así, parece moi verosímil que nas eleccións dos estados federados de Brandeburgo e Saxonia, do próximo 19 de setembro e as municipais, que se celebrarán o 26 de setembro na Renania do Norte-Westfalia, colleite unha severa derrota que será dolorosa para el e para o SPD polo seu significado.

Que se ten que tomar en serio esta insatisfacción se demostra una vez máis na anunciada creación do "Novo Partido da Esquerda" (Die neue Linkspartei). Este movemento está apoiado por funcionarios dos sindicatos e intelectuais sindicalistas da esquerda. La "locomotora popular" que faltaba ata este fin de semana, apareceu da man de Oskar Lafontaine.

Por Schröder, o entón presidente do goberno de Sarre e dirixente do partido foi nomeado ministro de finanzas en 1998. Pero pouco despois, en marzo de 1999, dimitiu de todos os seus cargos por diferencias notorias coa política do chanceler. Desde esa época foi considerado un "inimigo íntimo" de Schröeder. Agora se ofrece como intercesor do "Novo Partido da Esquerda", se o xefe do goberno continúa coa súa política "fracasada" e non dimite. Lafontaine foi moi criticado no SPD por estas declaracións e pode ser expulsado do partido.

Iso é así, porque a súa forma de proceder podería provocar un perigo significativo para o chanceler e o SPD. Dunha banda, Lafontaine é un político popular, que marcou o SPD e cun nome moi coñecido en Alemaña, con capacidade para reclamar a atención dos medios de comunicación. Doutra, posúe o discurso potencial, que, principalmente nestes días, atrae aos partidarios e votantes do SPD, identificados coas súas reivindicacións máis tradicionais. En caso de afiliarse ao "Partido da Nova Esquerda", por suposto o seguirían partidarios e votantes do SPD. Se a iso sumamos a perda continuada de sufraxios, a continuación de Schröder no cargo de chanceler sería imposible.

Na súa forzada soidade, ao menos un pouco de consolación chegoulle da OCDE. Segundo os seus cálculos, se prevé unha recuperación da economía e un crecemento do PIB xa neste ano en torno ao 3,7% coa mesma tendencia prevista para 2005. Ademais aconsellan a Schröder reformas máis radicais e duras. ¿Bos consellos? Pode ser, pero politicamente poden conducilo ao suicidio.