plan colombia

Colombia: unha expansión rexional do “uribismo”?

Apartados xeográficos Latinoamérica ARQUIVO
Idiomas Galego
 Clic para aumentar
Conceptualmente, o conflicto colombiano non corresponde exclusivamente aos parámetros tradicionais dunha guerra civil ou dun conflicto armado, manifestado pola aparición dunha insurxencia popular, senón dunha complexa mestura de elites, pobreza, desigualdade, fractura do Estado, narcotráfico, guerrilla e paramilitares. É, neste momento, o único conflicto latente e sen pacificar no continente americano.
 

En diversos sectores, dentro e fora de América Latina, chegou a falarse con certa insistencia das posibilidades dunha expansión do "fenómeno Chávez" e da súa revolución bolivariana no contexto rexional, especialmente na área andina. Nembargantes, moi poucos analistas prestan atención ao posible impacto rexional do "modelo Uribe" en Colombia, e da súa estratexia enmarcada dentro do Plan Colombia, cada vez máis rexional. Dende unha perspectiva política, os fenómenos Chávez e Uribe corresponden á creba dos estamentos da tradicional democracia representativa en América Latina a favor de liderazgos máis personalistas, independentemente da súa fundamentación ideolóxica, o que manifesta un inquietante escenario cara o futuro.

É por iso que o "uribismo", plasmado na súa política de "seguridade democrática", deixa algunhas interrogantes, as cales acrecéntanse á hora de analizar un conflicto como o que acontece en Colombia. A complexidade do escenario colombiano ten que ver coa natureza dun lonxevo conflicto de clases sociais, a aparición dos actores envolvidos e os escenarios que se suscitan. Conceptualmente, o conflicto colombiano non corresponde exclusivamente aos parámetros tradicionais dunha guerra civil ou dun conflicto armado, manifestado pola aparición dunha insurxencia popular, senón dunha complexa mestura de elites, pobreza, desigualdade, fractura do Estado, narcotráfico, guerrilla e paramilitares. É, neste momento, o único conflicto latente e sen pacificar no continente americano.

Dende a súa chegada ao poder en agosto do 2002, Álvaro Uribe Vélez gozou dun completo apoio popular interno e de Washington no exterior, que definiu a crise colombiana como unha manifestación máis da guerra global contra o terrorismo. O redimensionamento do Plan Colombia nun proxecto cada vez máis rexional de loita contra o narcotráfico e a insurxencia ten a Uribe Vélez como a peza clave. Polo tanto, a política de "seguridade democrática", tan popular dentro de Colombia, manifesta unha expresión novidosa: un candidato anti-sistema, con altos índices de popularidade (máis do 70%), disposto a solucionar o conflicto mediante a perspectiva militar contra unha guerrilla (as FARC e o ELN) nestes momentos case inmobilizada.

O escenario complétase cun inédito proceso de desmobilización e desarme dos grupos paramilitares, trala misteriosa desaparición do seu histórico líder, Carlos Castaño, que non avanza polo camiño desexado e que ameaza coa división das Autodefensas Unidas de Colombia en pequenos grupos paramilitares aliados aos xefes do narcotráfico. O que algúns analistas califican como a "paramilitarización do país" evidencia unha incapacidade de pacificación polo feito de que Washington non retirará a súa demanda de extradición de xefes paramilitares, acusados de narcotraficantes, tema clave nas negociacións e que motiva aos líderes paramilitares a presionar ao goberno de Uribe para desestima-la.

En poucas palabras, o perigo é a expansión da inestabilidade ás zonas fronterizas con Venezuela, Ecuador e Brasil, coa posibilidade de provocar unha crise diplomática. Os gobernos de Quito e Brasilia parecen máis propensos a unirse á estratexia uribista, pero o escenario con Venezuela é moi diferente. De feito, pódese estar xerando unha carreira armamentista entre Bogotá e Caracas, tralo anuncio do goberno venezuelano de compra de avións MIG 29 rusos e armamento de guerra e a aceptación do goberno de Uribe dun aumento da axuda militar estadounidense.

Polo tanto, cabe a posibilidade de que o "modelo Uribe" defendido dende Washington, teña unha expresión de alcance rexional? O ideario político do actual presidente colombiano xa fora definido nos seus tempos de gobernador do estado de Antioquia, coa creación dos grupos Convivir, unha mestura de sociedad civil con grupos de seguridade urbana e rural. Isto é a manifestación do que Uribe chama o "Estado comunitario", onde a organización civil vai parella ás necesidades da orde pública. Isto demostra tamén o carácter autoritario do presidente, reforzado pola aceptación popular de que, tralo fracaso do goberno Pastrana en pacificar o país mediante negociacións coa guerrilla, a fórmula militar sexa a única solución. E, neste panorama, a situación dos dereitos humanos corre o risco de empeorar: de feito, o presidente colombiano xa tivo as súas pelexas internas con diversas ONGs a finais do ano pasado.

Se a solución militar é o compoñente principal da política de "seguridade democrática", velaí que Uribe busque con insistencia o que será o seu maior obxectivo de política interna daquí ás eleccións do 2006: a necesidade da reelección. Pero para iso deberá reformar a Constitución nacional, mediante un acordo lexislativo ou ben un referendo. A oposición política atópase dividida e só o ascenso da opción de esquerda do alcalde de Bogotá, Lucho Garzón, podería facer fronte a Uribe. E as demandas sociais son cada vez maiores, reforzadas por unha situación económica condicionada pola preponderancia do conflicto: minorías indíxenas e outros sectores sociais xa empezaron a manifestar o seu descontento.