al zarqawi benladen

Iraq: unha loita entre Zarqawi e Ben Laden?

Apartados xeográficos Oriente Medio ARQUIVO
Idiomas Galego
 Clic para aumentar
O "mito Zarqawi" revélase nos seus orixes. O seu verdadeiro nome é Ahmad Fadeel Nazal al-Khalayleh, xordano de aproximadamente 37 anos, que se converteu nun veterano do "santuario jihadista" de Afganistán, país ao que chegou no ano 1989 para contribuír coa derrota soviética. Alí tivo os seus primeiros contactos cos "muhajidins" e os combatentes que conformarán posteriormente Al Qaeda, especialmente Abdullah Azzam, un xordano de orixe palestiniano considerado o ideólogo do "salafismo jihadista" defendido por Osama ben Laden. (Foto: colaxe Zarqawi – ben Laden, Fernando Pol, 30/10/2004).
 

Un clima de confusión e escepticismo amosa o recente comunicado publicado en Internet pola organización Jaamat al-Tawhid e Jihad (Monoteísmo e Jihad). Nesta información, o grupo encabezado por Abu Musab al-Zarqawi, acusado polos EEUU e as autoridades iraquíes de ser o principal instigador do
terrorismo no país, manifestaba a súa convicción de unirse a Al Qaeda. Ata agora, a organización de Osama ben Laden non fixo ningunha declaración ao respecto, o que deixa dúbidas sobre a autenticidade do comunicado. Ou aínda máis: que no fondo o que se trasluce é un escenario de rivalidade entre Zarqawi e ben Laden por controlar o que se chama a "jihad internacional contra Occidente", que ten a Iraq como o novo campo de batalla.

Polo tanto, é Zarqawi tan perigoso como parece? Ou ben a súa figura se está a converter nun mito para os "jihadistas", para Autoridade Interina en Bagdad e para o goberno republicano en Washington? Todo un mar de dúbidas e informacións contradictorias percorren un personaxe que, ata o de agora, se fixera unha celebridade polos secostros, execucións e decapitacións de reféns iraquíes e estranxeiros. Pero as súas accións permitiron ao goberno de Bush presenta-lo como o exemplo máis claro dos vencellos entre Saddam Hussein e Al Qaeda, polo que a súa cabeza tamén ten un prezo: 25 millóns de dólares, tan caro como Osama ben Laden.

Para comezar, o "mito Zarqawi" revélase nos seus orixes. O seu verdadeiro nome é Ahmad Fadeel Nazal al-Khalayleh, xordano de aproximadamente 37 anos, que se converteu nun veterano do "santuario jihadista" de Afganistán, país ao que chegou no ano 1989 para contribuír coa derrota soviética. Alí tivo os seus primeiros contactos cos "muhajidins" e os combatentes que conformarán posteriormente Al Qaeda, especialmente Abdullah Azzam, un xordano de orixe palestiniano considerado o ideólogo do "salafismo jihadista" defendido por Osama ben Laden.

Tralo seu retorno a Xordania, Zarqawi foi encarcelado e logo liberado pola súa actividade anti-goberno. Posteriormente, viaxou por Europa para formar células islamistas cos inmigrantes xordanos e sirios, no que definiu como un movemento "rival de Al Qaeda". A guerra en Afganistán no 2001 o levou á defensa arredor de Tora Bora, onde aparentemente perdeu un brazo nun bombardeo norteamericano. Nembargantes, algunhas fontes "salafistas" xordanas aseguran que Zarqawi nunca estivo en Tora Bora.

Tras Afganistán, o seguinte escenario sería Iraq. Na guerra contra as tropas anglo-estadounidenses, Zarqawi se atopa no triángulo sunnita entre Kirkuk, Latifiya, Bagdad e Fallujah. Aínda non se coñece con exactitude se a chegada dos "jihadistas" internacionais a Iraq responde a unha chamada de Zarqawi. Do mesmo xeito, a súa capacidade de mobilización segue a ser tamén unha incógnita: un recente informe dos servizos de intelixencia estadounidenses afirmaban que Zarqawi desexa converterse na principal figura da insurxencia iraquí e do "jihadismo" internacional e que, para iso, utiliza Iraq como plataforma. Outro informe, do londinense International Institute for Strategic Studies, revelou que a insurxencia iraquí está composto por aproximadamente 20.000 efectivos (¡) e que agora ten maiores fondos económicos. Pero non atisban un líder único da insurxencia, polo que o "mito Zarqawi" comeza a desmoronarse.

Polo tanto, cal é o rol de Zarqawi en Iraq e cal o obxectivo da sua repentina (¿e desesperada?) alianza con Al Qaeda? Segundo algúns antigos compañeiros, Zarqawi nunca coñeceu a ben Laden e ámbolos dous amosan divisións estratéxicas para a "jihad". Zarqawi rexeita a idea de reunir nun só movemento transnacional aos voluntarios árabes e, aparentemente, defende a tese de Azzam da independencia das organizacións nacionais de "muhajidins". No aparato de Al Qaeda, Zarqawi non ten o carisma de ben Laden, nin o pensamento ideolóxico de Aywan al Zawahiri, nin tampouco a mentalidade estratéxica do desaparecido Mohammed Atef. Pero sabe que Iraq é un escenario demasiado importante como para deixa-lo fora de control dos seus obxectivos. Non é o líder da insurxencia, aunque ben pode ser o rival de ben Laden. E tamén o "mito ameazador" necesario para Bush e a súa guerra contra o terrorismo.