20020415arresto barghouti

Rupturas en Israel e Palestina

Apartados xeográficos Oriente Medio ARQUIVO
Idiomas Galego
 Clic para aumentar
O "efecto Barghouti" ameazaba con facer estoupar os cementos da "vella guarda" de Al Fatah, representada principalmente por Abbas, Ahmed Qurei e Saeb Erekat. Pero o panorama semella contradictorio: Barghouti anunciou que se presentaba, logo retractouse, volveu a anunciar que iría ás eleccións e agora non só volve a retirarse senón que manifesta públicamente o seu apoio a Abbas. Éste, pola sua banda, ten o respaldo case xeral de Al Fatah, boa parte da Autoridade Palestina, os EEUU e a Unión Europea, todos agora confían na súa victoria electoral. Pero o impredecíbel do escenario palestiniano ten que ver agora coas posibilidades reais do partido islamista Hamás e a Yihad Islámica, reforzados polo retiro de Barghouti e receosos dunhas eleccións que xa catalogan de fraudulentas.
 

Aínda recente a morte de Yasir Arafat, as primeiras consecuencias para israelís e palestinianos achegan a unha situación de fragmentación política, ás portas dos decisivos comicios en Gaza e Cisxordania. O primeiro ministro israelí Ariel Sharon fai malabarismo para acadar unha desesperada alianza cos laboristas co obxectivo de manter a viabilidade do seu atribulado goberno e poder garantir a retirada militar en Gaza. Do mesmo xeito, as acusacións de abusos militares israelís contra a poboación civil palestiniana apuntan directamente ao sector mais poderoso da sociedade israelí. Pola súa banda, os vaivéns na candidatura do encarcerado Marwan Barghouti provocaron unha marcada división no partido Al Fatah e visos de inestabilidade no escenario palestiniano.

O caso israelí é o mais peliagudo. Sharon afronta un goberno dividido, que estivo ás portas da desintegración a semana pasada, cando unha votación no Parlamento provocou a ruptura do partido centrista Shinui coa maltreita coalición de goberno. Anteriormente, os partidos ultradereitistas e ultrarelixiosos abandonaron a Sharon mentres os ex primeiros ministros Benjamín Netanyahu e Ehud Barak amosaban o seu rexeitamento á formación dun goberno de unidade nacional.

Acosado políticamente, Sharon viuse na necesidade de iniciar negociacións coa oposición laborista de Simon Peres para evitar as eleccións anticipadas, e poder seguir adiante co seu polémico plan de retirada militar de Gaza. Neste apartado, Sharon conta co apoio dos laboristas e a Unión Europea pero é profundamente impopular entre os colonos e os seus aliados políticos. En Palestina non confían na viabilidade desta retirada, ao consideraren que Sharon busca deixar Gaza para asegurarse o control de Cisxordania, sede das institucións da ANP.

Se o tándem Sharon-Peres logra concretarse, esta táctica reforzaría a idea da natureza "duocrática" do sistema político israelí, tal e como o calificou o politólogo xudeu Aluf Benn. O sistema "duocrático" supón un goberno co-dirixido polo primeiro ministro e un membro poderoso do gabinete, e ven sendo unha constante en Israel desde a súa creación en 1948.

A desesperada manobra de Sharon chega nun momento difícil para a sociedade israelí. Un recente informe do Exército admitiu a matanza de palestinianos inocentes durante as operacións de "asasinatos selectivos" contra líderes radicais. Precisamente, mentres Sharon convencía aos laboristas para formar goberno, o fallido ataque israelí contra o xefe dos Comités Populares de Resistencia en Gaza, Jamai Abu Samhadana, permitiu a esta organización "xurar vinganza" e responder "coma un terremoto". A crise militar israelí agravouse coa rebelión dalgúns efectivos do Exército, opostos ás operacións en territorios ocupados.

Do mesmo xeito, as críticas europeas cara o goberno Sharon dende outubro pasado, pola súa "indiscriminada e sen precedente política de violencia" en Gaza, deixa a Sharon e a Israel nunha complicada situación. A cada vez maior presenza europea no proceso de paz en Oriente Medio permitiu que un informe secreto dun centro de análise israelí advertira sobre a posibilidade de que Israel correra o risco de converterse nun "Estado paria" illado no escenario internacional, senón acada unha solución pacífica cos palestinianos e persiste en conservar a súa particular política de facer caso omiso ás resolucións da ONU e á comunidade internacional.

Sinais similares de incerteza atópanse no bando palestiniano. A morte de Arafat permitiu iniciar un período de certa tranquilidade, previo á preparación das eleccións presidenciais do 9 de xaneiro. O "sucesor", Mahmoud Abbas, intenta manter a fráxil estabilidade política entre os diversos sectores do partido Al Fatah, a Autoridade Palestina e a OLP, pero aínda non sabe cómo manexar a situación ante a popularidade de Hamás en Gaza e o ascenso de Marwam Barghouti, preso nun cárcere israelí.

O "efecto Barghouti" ameazaba con facer estoupar os cementos da "vella guarda" de Al Fatah, representada principalmente por Abbas, Ahmed Qurei e Saeb Erekat. Pero o panorama semella contradictorio: Barghouti anunciou que se presentaba, logo retractouse, volveu a anunciar que iría ás eleccións e agora non só volve a retirarse senón que manifesta públicamente o seu apoio a Abbas. Éste, pola sua banda, ten o respaldo case xeral de Al Fatah, boa parte da Autoridade Palestina, os EEUU e a Unión Europea, todos agora confían na súa victoria electoral. Pero o impredecíbel do escenario palestiniano ten que ver agora coas posibilidades reais do partido islamista Hamás e a Yihad Islámica, reforzados polo retiro de Barghouti e receosos dunhas eleccións que xa catalogan de fraudulentas.

Nesta voráxine, a Unión Europea, Rusia e EEUU, intentan retomar o camiño das negociacións de paz. Unha verdadeira caravana diplomática levou a Oriente Medio ao ministro de Exteriores español, Miguel Ángel Moratinos, o británico Jack Straw, o ruso Sergei Lavrov e o secretario de Estado norteamericano, Colin Powell. Espéranse tamén movementos neste sentido de Alemaña e Turquía, do premier inglés Tony Blair e por parte do novo asesor de seguridade nacional de Washington, Steven Hadley. Todo apunta a unha revitalización da alicaída "Folla de Ruta".

Fontes exipcias anunciaron a realización de xuntanzas secretas entre israelís e palestinianos, que poderían desembocar nun cese o fogo e na realización dunha conferencia internacional. Londres xa anunciou a súa intención de ser a eventual sede, pero ningún alto cargo israelí ou palestiniano deu crédito a esta información. A tensión rexional é un aderezo da crise política israelí e da titubeante sucesión de Arafat.