Ameaza mundial de EEUU

Apartados xeográficos Oriente Medio ARQUIVO
Idiomas Galego

Nunha sondaxe feita polo canal internacional de noticias BBC World sobre cales son hoxe os maiores problemas da humanidade, o 52 por 100 apuntou á potencia americana e ó proceso de globalización, seguidos de preto pola corrupción. A guerra e o terrorismo veñen en terceiro lugar.

O xefe de sondaxes e planificación de BBC World, Jeremy Nye, sinalou: "Sorprendeunos que as potencias mundiais e a corrupción ocupasen os primeiros lugares", engadindo que se investigará se estes resultados son consecuencia da actualidade mundial de hoxe, ou se tamén se proxectan a longo prazo.

Que os EEUU representen unha ameaza para a humanidade moito maior que a guerra e o terrorismo non debe sorprender tanto tendo en conta tan só o seu apoio ó xenocidio palestino e o que directamente eles están practicando en Iraq, segundo se vai sabendo. Así as cousas, é lóxico que outra enquisa internacional da BBC poña de manifesto que está medrando en todo o mundo o resentimento contra os EEUU Beirut, Vietnam, Somalia, Iraq… sempre o mesmo e a peor.