As fotos

Apartados xeográficos Oriente Medio ARQUIVO
Idiomas Galego

A prisión de Abu Ghraib era o símbolo da barbarie de Sadam Husein; mais agora éo das salvaxadas do Pentágono. Sábese que cedés con fotos de presos iraquís torturados circulan entre a policía militar dos EEUU en Iraq. Un xeneral americano di que uns vintecinco prisioneiros levan morto baixo tortura nas prisións militares de Iraq e Afganistán. A Cruz Vermella dinos que cousas peores teñen pasado e pasan en Iraq.

Un vese obrigado a lembrar as imaxes das torturas nazis ós xudeus nos guetos, onde se torturaba de maneira moi semellante, forzando ós presos a espirse, recorrendo á crueldade da humillación. E a Rumsfeld só se lle ocorre dicir que eses torturadores non son americanos. ¡Que ben!

Mubarak, ó coñecer as primeiras fotos, dixo que os árabes ferven agora en odio contra os EEUU. E sóbranlle razóns: os árabes xulgan en conxunto e pensan que ese é o mundo occidental, que esa é a democracia que se lles prometeu e que esa é a modernidade que os ía liberar. Poucas veces chegou a tanto a degradación humana.