carl schmitt and leo strauss

Ideoloxía nazi

Apartados xeográficos Estados Unidos ARQUIVO
Idiomas Galego
 Clic para aumentar
Guieiros intelectuais dos "neocons" son, entre outros, Leo Strauss ou Carl Schmitt. (Foto: Capa do libro "Carl Schmitt and Leo Strauss: The Hidden Dialogue", Heinrich Meier, 1995).
 

Autores hai que temen, no caso de que Bush gañe as eleccións do día 2, que os EEUU cheguen a un moi perigoso estado de excepción permanente, como dixo con acerto Rodrigo de Zayas. Polo que sabemos da xente que aquel ten arredor, non se trataría de nada moi desavido.

Guieiros intelectuais dos "neocons" son, entre outros, Leo Strauss ou Carl Schmitt, cos que sintonizan moi ben esas xentes de ideas tan primarias e non tan afastados do "sionismo cristián" e tantos outros fundamentalismos relixiosos comúns nos EEUU "case todos non moi distantes do wahabismo, por irónico que nos pareza.

Se ao que EEUU leva recuado en liberdades, en dereitos humanos e en democracia lle engadimos outros catro anos máis de goberno de Bush, mal vexo o porvir da liberdade no mundo de mañá. E se aínda lle poñemos enriba o inmenso poder de que dispoñen aqueles discípulos de Schmitt e de Strauss, é como para botarse a tremer. Non me gusta Kerry, pero Bush dame medo.

¿Non o verán así os americanos? A resposta pasado mañá.