20041118iraq fallujah

Moi sospeitoso

Apartados xeográficos Oriente Medio ARQUIVO
Idiomas Galego
 Iraq, Fallujah
O pasado día 18, puido coñecerse un informe secreto do exército americano no que se di que os guerrilleiros están en condicións de repoñer o seu poderío en Faluja e en toda a rexión, e que as súas accións gañen en intensidade.
 

O xeneral Sattler, comandante dos "marines" en Iraq, dixo que as operacións en Faluja eliminaron a insurxencia e que agora, para esta, esa cidade deixara de ser o paraíso. Unha vez máis, calou o número de mortos civís: non é correcto facer esas referencias.

Pola súa banda, o pasado día 18, puido coñecerse un informe secreto do exército americano no que se di que os guerrilleiros están en condicións de repoñer o seu poderío nesa cidade e en toda a rexión, e que as súas accións gañen en intensidade. Tanto que se recomenda que o exército se manteña na cidade.

Nun recurso táctico ben coñecido, os guerrilleiros fuxiron antes do ataque das forzas ocupantes para seguir operando noutras partes, como está sucedendo, e así o recoñeceu un voceiro de Alawi. O que demostra que van ser moitas as dificultades para que callen os esforzos por crear un verdadeiro servizo de seguridade e por organizar as elección previstas para xaneiro que vén. Sen éxito nunha e noutra cousa, o fracaso dos ocupantes sería manifesto.