20010413jabalya militante jihad islamica

Palestina: Rexurde a tensión

Apartados xeográficos Oriente Medio ARQUIVO
Idiomas Galego
 Militante da Jihad Islámica, clic para aumentar
Os membros de Jihad considéranse liberadores e mestres da fe verdadeira, e o seu obxectivo primordial é a expansión do Islam. En Palestina representan un grupo reducido e eles mesmos considéranse contrarios ás ideas doutros países musulmáns, por encontralos demasiado achegados a Occidente. En canto ao conflito contra os xudeus, confesan que admiten ao pobo xudeu, pois é unha das relixións do "Libro". A súa loita é contra o inimigo sionista que ocupa as súas terras. Consenten que os xudeus vivan onde están, pero gobernados por unha nación musulmá, Palestina.
 

Fathi Shaqaqui, doutor palestino que fundou e liderou o movemento palestino Jihad Islámica e iniciou a loita armada contra Israel por medio de inmolacións, foi asasinado hai dez anos, en Malta, polo servizo de intelixencia israelí. Isto explica os atentados desta semana en Hedera, que non respondían ás últimas incursións israelís en territorio palestino na procura de activistas armados. O ataque, levado a cabo por un membro de Jihad, estaba planeado dende hai tempo en conmemoración pola morte do seu líder. Así, estes días pódense ver bandeiras desta facción nas que se lee: "Aquel que non coñece a Fathi Shaqaqui non coñece Palestina" e "A sangue de Fathi Shaqaqui é a nosa porta que abre a loita contra o inimigo".

Jihad Islámica é un grupo militar considerado como terrorista por Israel, Estados Unidos e Europa. A palabra jihad, etimoloxicamente significa esforzo dirixido cara a un determinado obxectivo espiritual (gran jihad) ou corporal (jihad menor). A jihad non é un fin en si mesmo, senón un medio lexítimo e necesario para exterminar o gran mal do mundo. De acordo á Enciclopedia do Islam, para un musulmán a jihad é o mesmo que para un cristián un monxe: ambos están dedicados ao servizo de Deus. "É un acto de pura devoción, unha das portas ao Paraíso". É por isto que este movemento islámico considera que aqueles que leven ao último estremo a loita pola súa fe terán garantida a vida eterna. Neste sentido, a xente que se inmola nunca é considerada suicida, senón mártir da fe. Pensan que, cando alguén mata un israelí, Deus respectarao e acadará o ceo xunto cos outros mártires e profetas. Con todo, non calquera é elixido para levar a cabo esta tarefa. A elección dun mártir é algo segredo que só saben dúas ou tres persoas como máximo.

Os membros de Jihad considéranse liberadores e mestres da fe verdadeira, e o seu obxectivo primordial é a expansión do Islam. En Palestina representan un grupo reducido e eles mesmos considéranse contrarios ás ideas doutros países musulmáns, por encontralos demasiado achegados a Occidente. En canto ao conflito contra os xudeus, confesan que admiten ao pobo xudeu, pois é unha das relixións do "Libro". A súa loita é contra o inimigo sionista que ocupa as súas terras. Consenten que os xudeus vivan onde están, pero gobernados por unha nación musulmá, Palestina. Os que non o aproben, e eses que viñeron de todo o mundo, poden regresar aos seus países, exclaman.

O movemento creado por Fathi Shaqaqui persegue a devolución de todo o territorio palestino, dende o río Xordán ata o mar Mediterráneo. Non cren en ningún tipo de negociación co goberno liderado por Sharón "para eles Palestina, xa que non cren na existencia de Israel-, pois consideran negativo sentarse co inimigo; non obstante, non están a favor de matalo a non ser que sexa necesario. O profeta Mahoma predicou que non se debía matar unha muller, un neno, nin sequera unha árbore. Apuntou que había que loitar só en defensa propia e non pelexar contra aquel que non agrede a un. A loita contra os sionistas é necesaria, "eles entraron e colonizaron o noso territorio, é necesario defenderse", apuntan.

Ante as respostas aos ataques armados palestinos por parte do exército israelí, varios grupos palestinos coinciden na idea de que a tregua chegou ao seu fin e prometen vingar a sangue dos caídos inxustamente. Sosteñen que o goberno de Sharon provocou novamente a ira do pobo palestino ao entrar nos seus territorios e matar á súa xente. Amais as palabras proclamadas polo presidente de Irán serviron de respaldo e animaron para seguir esa loita que consideran legal.