london terrorists attack

Londres 7-X

Apartados xeográficos Europa ARQUIVO
Idiomas Galego
 Ataque terrorista a Londres, clic para aumentar
Blair xa tivo, e penso que a segue tendo, a tentación de vender seguridade por liberdade, como os seus amigos neocons, a pesares dunha exemplar resolución dos lores. Quero pensar que alguén haberá que lle faga ver que tal cousa sería o mellor triunfo dos terroristas e o total fracaso dos nosos valores.
 

Tres cousas están claras e as tres non lle dan a razón a Blair: non atacan os terroristas o que el chamou "os nosos valores", senón a un país que axudou a levar morte, asoballamento e desespero a miles de mulleres, nenos e civís que a hipocrisía agocha baixo o eufemismo de "danos colaterais".

Atacan a un país que invadiu outro país contra toda norma de dereito internacional, que torturou e tortura ao seu pobo, e que contribuíu a que o uranio empobrecido mate e siga matando no Próximo Oriente para máis alá de mil anos e cree malformacións nos que en todo ese tempo veñan ao mundo.

E a terceira cousa é que a policía ten que poñerse ao día, que xa se ve que non o está, para combater o novo terrorismo. Blair xa tivo, e penso que a segue tendo, a tentación de vender seguridade por liberdade, como os seus amigos neocons, a pesares dunha exemplar resolución dos lores. Quero pensar que alguén haberá que lle faga ver que tal cousa sería o mellor triunfo dos terroristas e o total fracaso dos nosos valores.