berlin bundesrat

Reequilibrio federal

Apartados xeográficos Europa ARQUIVO
Idiomas Galego
 Minsk, propaganda electoral, clic para aumentar
O novo reequilibro federal se asentaría nun principio básico: Se amplían as competencias dos "Länder" a cambio de perder un tercio do dereito a veto do que dispuñan no Bundesrat.
 

Augurar se a partir de 2007, cando entre en vigor a reforma constitucional, Alemaña será máis centralista, ou se os Länders aumentarán o seu autogoberno… é prematuro.

Rearticular un sistema territorial que foi modelo descentralizador non vai ser doado. Entre 1983 e 2003, trece comisións se fixaron como tarefa primordial estudar a reforma constitucional, correxindo os erros arrastrados dende o seu nacimento en 1949. Todos os intentos fracasaron.

Tras da segunda guerra mundial os aliados tomaron todas as medidas posibles que encorsetasen por décadas un posible rexurdir da potencia xermana. Os 149 artigos da Carta Magna están impregnados dun forte federalismo, fomentador da división do poder que, para sorpresa de proxenitores constitucionais, resultou eficiente, sendo modelo de referencia no deseño de políticas de benenestar social.

¿Por que agora pode ser diferente a sorte da reforma se atinxiría entre 20 e 40 artigos da constitución? A explicación podería estar na situación excepcional que vive Alemaña en diversas frontes.

Dende novembro existe un executivo presidido pola chanceler Ángela Merkel, que baixo a denonimación de "Grande Coalición" no Bundestag aglutina unha ampla base parlamentaria superior ao 70%. Calquera modificación da carta magna debe concluír coa aprobación de alomenos os dous tercios de cada cámara.

Esta situación é insólita. Representa unha oportunidade histórica. A cotío Bundestag e Bundesrat, obstentaban maiorías de cor política diferente que utilizaban o dereito de veto parlamentario, como arma de bloqueo do executivo.

Dende a reunificación, a locomotora de Europa precisa de axustes urxentes. Máis de cinco millóns de alemáns non teñen emprego. Os sucesivos recortes sociais no Estado do Benestar, crebaron a confianza colectiva no país. O referente económico de Europa que deu soporte a estabilidade ao euro, non é quen de cumprir co pacto de estabilidade da Unión Europea que marca o 3% como o límite do deficit público. Nos tres últimos anos 2003, 2004 e 2005, en Alemaña foi do 4%, 3,9% e 3,3% respectivamente. O ano pasado acabou cun desaxuste nas contas públicas de máis de 74.500 millóns de euros.

Diante dun mundo tan cambiante como o actual, en permanentre crise, Alemaña ten un sistema de cotrapesos territorial que, co paso dos anos, foi dificultando progresivamente a rápida toma das decisións. En definitiva, o goberno Merkel, trata de minguar os riscos da paralización do poder executivo a traves do Bundesrat.

Se cando naceu a República Federal Alemana, se calcula que un 10% das leis precisaba da aprobación por ambas cámaras, na actualidade, compre o voto afirmativo de ambas cámaras no 60% das leis.

No obxectivo de rebaixar ata o 35% esta cota poder nos Länder no Bundesrat, vai ter que pagarse un prezo en cesión de competencias por parte do goberno central: educación, medio ambiente, réxime penal, vivenda, promoción social e actividades comerciais.

O novo reequilibro federal se asentaría nun principio básico: Se amplían as competencias dos "Länder" a cambio de perder un tercio do dereito a veto do que dispuñan no Bundesrat.

Resulta difícil prognosticar se a "reforma federal" defendida por Merkel chegará a porto, se se instalarán no alcumado "Federalismo Competitivo" no 2007, coincidindo co momento no que Alemaña pasará a dirixir a presidencia rotativa da UE.

Na medida en que comecen os debates, os socios socialdemócratas, non van facer un grande esforzo por consolidar Merkel. Os verdes defenderán o seu centralismo medioambiental. Os Länder procurarán un novo sistema financiero que permita facerse cargo das novas competecias e os partidarios dun estado forte anunciarán o apocalipse que chega. Coincidán co Mein Kampf de Adolf Hitler en que "O efecto maléfico dos estados federados debe remitir".