200611teheran mahmud ahmadineyad e jalal talabani

Cita en Istambul

Apartados xeográficos Outros ARQUIVO
Idiomas Galego
 Bieito XVI e Recep Tayyip, clic para aumentar
A aceptación papal das demandas turcas de ingreso na Unión Europea supón unha sinal do Vaticano cara tendente a incluír a Turquía no eixe das nacións musulmáns pero laicos, dentro dunha conxuntura internacional aínda interpretada pola guerra contra o terrorismo e o fundamentalismo islamita. (Foto: Bieito XVI saudando aos presentes no aeroporto de Ankara, xunto ao primeiro ministro turco Recep Tayyip Erdogan).
 

Unha ampla axenda paralela dentro da diplomacia occidental e dos países de Oriente Medio, celebrada nos derradeiros días, probablemente estea fraguando cambios a medio prazo en escenarios tan conflitivos, dende Afganistán ata o Líbano.

A polémica visita do Papa Bieito XVI a Istambul necesariamente debe ser observada alén dos imperativos confesionais de acercamento entre o Islam e o Occidente cristián. Van dirixidos baixo intereses xeopolíticos que colocan a Turquía nunha situación clave para a política internacional.

A aceptación papal das demandas turcas de ingreso na Unión Europea supón unha sinal do Vaticano cara tendente a incluír a Turquía no eixe das nacións musulmáns pero laicos, dentro dunha conxuntura internacional aínda interpretada pola guerra contra o terrorismo e o fundamentalismo islamita.

Para Turquía, a visita do Papa pode tamén constituír un interesante aval ante o cumio da OTAN que se celebraba simultaneamente en Riga, Letonia, e na delicada conxuntura das súas relacións coa Unión Europea. Nun 2007 electoral en Turquía, ambos acontecementos reforzan politicamente ao primeiro ministro, Recep Tayyip Erdogan (valedor da tese da Alianza de Civilizacións), como un líder moderado fronte ás presións dos sectores islamitas radicais e a poderosa casta militar turca.

 Jalal Talabani e Mahmud Ahmadíneyad, clic para aumentar
O caos en Oriente Medio requirirá, para Washington e Londres, a necesaria inclusión nas negociacións de Teherán e Damasco. Este plan semella aceptado por Blair e está no centro das recomendacións do Iraq Study Group, co-dirixido polo ex secretario de Estado James Baker, que inclúen tamén unha retirada de tropas estadounidenses de Iraq para o 2007. (Foto: O presidente iraquí, Jalal Talabani, á esquerda, saudando ao seu homólogo iraniano Mahmud Ahmadíneyad, durante a súa visita a Teherán).
 

Antes da xira papal a Turquía, o presidente estadounidense George W. Bush estivo en Indonesia e, simultaneamente á visita papal, en Xordania, dous países musulmáns aliados occidentais. En Ammán, Bush reuniuse co rei Abdhullah e o primeiro ministro iraquí Nourri al Maliki, coa finalidade de analizar a caótica transición post-Saddam pero mantendo o seu apoio ao goberno provisional.

Pola súa banda, a secretaria de Estado, Condoleeza Rice viaxou a Palestina para entrevistarse co presidente Mahmud Abbas nun momento en que acaba de acordarse unha tregua e Gaza, asumir un goberno de tecnócratas na Autoridade Palestina e desencadearse unha crise política no Líbano.

Paralelamente, o primeiro ministro británico Tony Blair estivo en Paquistán, estratéxico aliado na guerra contra o terrorismo e única potencia nuclear musulmán, dentro dun marco diplomático que pode augurar unha nova fase estratéxica para Washington e Londres en Oriente Medio.

As xiras do Papa, de Bush e Blair poden ser reaccións aos recentes acercamentos en Oriente Medio do goberno iraquí cara Irán e Siria, membros do particular "eixe do mal" de Bush. Bagdad acaba de reabrir relacións con Damasco tras 25 anos de ruptura. E a visita do presidente iraquí, o curdo Jalal Talabani, a Teherán, manifesta a necesidade de contar con Irán na estabilización de Iraq.

O caos en Oriente Medio requirirá, para Washington e Londres, a necesaria inclusión nas negociacións de Teherán e Damasco. Este plan semella aceptado por Blair e está no centro das recomendacións do Iraq Study Group, co-dirixido polo ex secretario de Estado James Baker, que inclúen tamén unha retirada de tropas estadounidenses de Iraq para o 2007.

A inclusión de Siria e Irán nun marco de negociacións global para Oriente Medio modificaría substancialmente o plan orixinal de Bush concibido no 2004, que estipulaba unha "democratización occidentalizada" e a caída dos réximes sirio e iraniano. O escenario 2006 é totalmente diferente: Irán e Siria reforzaron as súas posicións, e o cambio político rexional ven da man de movementos islamitas como Hamas en Palestina e Hizbulah no Líbano.

Velaí que agora Washington tente incluír nun novo marco diplomático a países árabes aliados como Exipto e Arabia Saudita e a apertura de novos socios como Libia, un ex inimigo estadounidense. Con isto, incluíndo a Indonesia e Paquistán no espazo asiático, Bush e Blair esperan solidificar unha estratexia diplomática para Oriente Medio que lles permita remediar os seus propios erros e visións unilaterais, amortecer a cada vez maior influencia xeopolítica de Irán e limitar a apertura exterior para Siria.

No Vaticano, como en Washington, Londres e Bruxelas, a realpolitik diplomática pode estar activándose dun xeito acelerado. Pero nada desto funcionará se non se inclúen aos actores non occidentais ou, como declarou Bush en Xordania, "non marcharemos de Iraq sen terminar o traballo". Turquía, Irán e Siria teñen moito qué dicir sobre a estabilidade e a conflitividade en Oriente Medio.