indicadores de corcega

Prohibido falar de separatismo en Francia!

Apartados xeográficos Europa ARQUIVO
Idiomas Galego
 Indicadores de Córcega, clic para aumentar
A realidade é que os medios de comunicación non lle dan a mesma difusión a un atentado de ETA que a un atentado dos ex-movemento separatista Corsica Viva, aínda que os dous en realidade pretenden o mesmo obxectivo. (Foto: Indicadores de Córcega).
 

Por moito que se pretenda presentar como excepcional a inquebrantable unidade estatal da república francesa de portas a fora, o certo é que a resistencia da minoría nacionalista corsa segue presente dentro do seu territorio. Esta semana, apareceron dous corpos desmembrados de separatistas corsos, que estiveron ligados ó movemento nacionalista Corsica Viva e que por accidente faleceron ó explosionar un dos artefactos que ían colocar supostamente en dous helicópteros de extinción de incendios.

Pola contra, no noso estado o omnipresente problema do terrorismo vasco preséntase nos medios de comunicación europeos como unha excepcionalidade, e como un gran problema que ameaza a integridade territorial dun dos membros comunitarios. Pero en realidade non é a única, aínda que dende o punto de vista externo se escenifique como o exemplo máis próximo á secesión dentro dun dos 25 estados membros.

A realidade é que os medios de comunicación non lle dan a mesma difusión a un atentado de ETA que a un atentado dos ex-movemento separatista Corsica Viva, aínda que os dous en realidade pretenden o mesmo obxectivo. Nos últimos tempos, a eficacia policial ven sendo a mesma nos dous estados, e non obstante, tal vez un maior apoio popular, ou un proceso negociador máis avanzado co goberno español, ou a menor profesionalidade dos separatistas corsos que sofren "accidentes"con máis frecuencia, fai máis relevante e pertinente, a presencia do exemplo de terrorismo vasco nos rotativos internacionais.

O que está claro é que nos dous estados existe un problema, e que tal vez é máis interesante que sone a cacharrada española que o tabú francés.