20060920onu 61 asemblea heikha haya rashed e hugo chavez

A quenda de Venezuela

 Hugo Chávez na 61 Asemblea Xeral da ONU, clic para aumentar
A vitoria de Venezuela non está cantada. Ante todo, debe terse en conta que a votación será secreta. Iso significa que o compromiso público manifestado por algúns países podería mudar de sentido. Algúns estados en desenvolvemento obtiveron claros beneficios de Venezuela e non quixeran desgustala, pero ante as ameazas e presións de EEUU poderían acabar non votando a favor de Caracas, aínda que iso supoña desdicirse do seu compromiso público. (Foto: Sheikha Haya Rashed Al Khalifa, de Bahrein, presidenta da 61 Asemblea Xeral da ONU, sonríe durante a intervención de Hugo Chávez o 20 de setembro de 2006).
 

Na semana próxima, a Asemblea Xeral da ONU deberá elixir aos países membros non permanentes do Consello de Seguridade. Será entón cando se decida que país latinoamericano, en substitución de Arxentina, será o novo membro non permanente. Os países da rexión que concorren son Venezuela e Guatemala. O gañador debe recibir o apoio, como mínimo, das dúas terceiras partes dos 192 países membros. Polo momento, os países que apoian a Venezuela son moitos máis ca os partidarios de Guatemala.

O apoio a Venezuela é unha mostra de independencia fronte a EEUU. O chanceler arxentino, Jorge Taina, e Bharrat Jagdeo, presidente da Guíana, país que asume a presidencia rotatoria da Organización de Países Caribeños, efectuaron recentemente sendas declaracións desafiando a presión e os "consellos" exteriores, para manifestar o seu respaldo á candidatura de Venezuela.

Pero a vitoria de Venezuela non está cantada. Ante todo, debe terse en conta que a votación será secreta. Iso significa que o compromiso público manifestado por algúns países podería mudar de sentido. Algúns estados en desenvolvemento obtiveron claros beneficios de Venezuela e non quixeran desgustala, pero ante as ameazas e presións de EEUU poderían acabar non votando a favor de Caracas, aínda que iso supoña desdicirse do seu compromiso público. Por outra banda, conforme ao establecido na normativa onusina, en caso de que nin Venezuela nin Guatemala obteñan os dous terzos a favor, se deberá celebrar unha segunda votación incluíndo a outro país latinoamericano. É moi probable que co fin de impedir o ingreso de Venezuela no Consello de Seguridade, EEUU tomara medidas diplomáticas para que nin un nin o outro obteñan os votos suficientes e se beneficie a unha terceira parte. A secretaria de Estado, Condollezza Rice, expresou abertamente o pasado 27 que Washington non soamente presta atención á primeira rolda da votación, senón tamén á segunda, para o caso de que ningún dos dous candidatos obteña votos suficientes.

As dúbidas apuntan a Chile, país membro non permanente nos anos 2003 e 2004. Falando menos e substituíndo ao seu embaixador en Santiago, Chávez acometeu unha aproximación imprescindible para gañarse o apoio de Bachelet, claramente desgustada pola extemporaneidade dunhas declaracións do diplomático venezuelano, fulminantemente chamado a Caracas e xa substituído. Unha segunda rolda de votación sería unha derrota para Venezuela, daría unha oportunidade a Chile pero abriría unha importante fenda na rexión.