A conversión de Tony Blair ao catolicismo romano

Apartados xeográficos Europa ARQUIVO
Idiomas Galego
 Bieito XVI e Tony Blair; clic para aumentar
Blair quería, evidentemente, convertirse "a nivel do Papa". Xa que non pudo ser así, conseguiu, polo menos, dar esa impresión con andanadas de fotos a carón do pontífice, que, naturalmente, coa lóxica dos medios que tan ben coñece Tony, foron elexidas moitas veces para ilustrar a noticia. Todo para dar a impresión de que o cesado líder de Londres entraba pola porta grande no Vaticano. (Foto: Bieito XVI e Tony Blair, no Vaticano o 23 de xuño de 2007).
 

A conversión relixiosa é asunto de conciencia é, como tal, merece respeito. Semella máis lícito falar das súas consecuencias que das súas orixes e motivos. Pero cando o converso é unha figura adicada á propaganda de sí propia levada a extremos que van moi alén do que é cuase necesario na política, non cabe alegar esas finuras de análise.

Tony Blair podía terse convertido ao catolicismo hai moito tempo, ou polo menos non andar decindo e deixando dicir que ía facelo. Non se convirteu oficialmente ata despois de ter deixado de ser primeiro ministro. Nesa capacidade promoveu medidas abertamente contrarias á doctrina de Roma, e non precisamente en cuestións políticas ou xeopolíticas nas que o Vaticano muda e mudou de rumo tantas veces na historia, senón naquelas esferas da moralidade que marcan o límite do político e que supoñen unha idea da persoa e da familia á que deica agora non renunciou o maxisterio romano. Neses asuntos non tivo escrúpulos Blair, é dicir, que fixo o que lle pareceu e non arriscou a perda do posto, como tería ocurrido si se tivera convertido antes de deixalo.

Na forma de proceder de Blair neste trance que debería ser tan delicado, vese o mesmo desembarazo e falta de escrúpulos que no resto da súa vida pública. Todos os trazos da súa concepción da política recoñécense neste paso que custa ver como espiritual: o oportunismo, a procura da máxima publicidade, a megalomanía envolvida en celofán de sorrisos, a lixeireza moral. Blair quería, evidentemente, convertirse "a nivel do Papa". Xa que non pudo ser así, conseguiu, polo menos, dar esa impresión con andanadas de fotos a carón do pontífice, que, naturalmente, coa lóxica dos medios que tan ben coñece Tony, foron elexidas moitas veces para ilustrar a noticia. Todo para dar a impresión de que o cesado líder de Londres entraba pola porta grande no Vaticano.

A suposta influencia da señora Blair nesta conversión non é moi críbel. O catolicismo de Cherie é o da clase modesta do norte de Inglaterra, con influencia irlandesa e ningún prestixio social. O que atrae a Tony é o outro, o "fino", o dos xesuítas de Farm Street e os frecuentadores do Oratorio en Brompton Road. Non sería aventurado ver no atractivo que Roma ten para Blair o deslumbramento do poder en gran escala, a condenación da crítica en aras dunha confianza de raíz teologal. Todo iso nun cadro psicolóxico que convén ter en conta.

Pode Blair sentir alivio ao virarlle as costas á Igrexa de Inglaterra. Este home, tan pouco inglés no fondo e tan descoñedor da historia, nunca sintonizou coas prácticas democráticas británicas. Non se pode entender esas prácticas sen recoñecer canto contribuíron a elas as perspectivas da "vía media" adoptada pola Igrexa de Inglaterra. Foi unha construción que, no político, desenvolveuse como contrafigura da Igrexa romana. O anglicanismo valorou unha diversidade incompatible có autoritarismo do bispo de Roma. É verdade que, por razóns históricas, o anglicanismo tivo que viver apoiado na Coroa, pero só en Inglaterra e non no resto do mundo, onde aínda ocupa o terceiro lugar en número de crentes entre as igrexas cristianas. En tudo caso, é bastante probábel que remate por non ser igrexa "establecida", e que siga centrada, como en moitos aspectos xa ocorre, na Sé de Canterbury e non na Coroa.

Tony foi sempre máis afín a un mundo de dogmatismo consagrado e carismático que ao mundo de escepticismo democrático no que lle tocou gobernar.

Non falta quen vexa relación entre as devocións mundialistas de Blair e o ecumenismo de impronta vaticana. E moitos cavilan xa nese ecumenismo como fornecedor ideal de relixiosidade para o grande mercado da mundialización. Unha idea que ben podería agradarlle a Tony Blair.