20071004 londres benazir bhutto

Pacto en Paquistán

Apartados xeográficos Asia ARQUIVO
Idiomas Galego

 Benazir Bhutto; clic para aumentar
Co beneplácito de Washington, Benazir Bhutto (na foto) adianta dende o seu exilio en Londres as negociacións políticas entre o seu Partido Popular de Paquistán e o goberno. Incluso, Musharraf retirou os cargos de corrupción que penden sobre Bhutto. Neste delicado pulso de poder, as fortes presións internas obrigaron a Musharraf a restituír na presidencia do Tribunal Supremo a Chaudhry e nomear ao xeneral Ashfaq Pervez Kiani, un aliado estadounidense, como novo xefe do Exército.
 

Que razóns de peso xeopolítico existen tralo retorno a Paquistán da ex primeira ministra Benazir Bhutto? Significa isto que está por finalizar o poder político e militar do xeneral-presidente Pervez Musharraf, estratéxico aliado occidental? Se desliza Paquistán cara un “Estado-fracasado”, foco de inestabilidade en Asia Central e o sudeste asiático?

Estas interrogantes se incrementan ante a celebración de eleccións presidenciais, previstas para o próximo 6 de outubro. A crise política paquistaní, iniciada en marzo pasado unha vez que Musharraf destituíra ao presidente do Tribunal Supremo, Ifthikar Mohammed Chaudhry, un poderoso rival político, acrecentouse nas derradeiras semanas, ante o inminente retorno das dúas grandes figuras políticas opositoras a Musharraf: a propia Bhutto e o tamén ex primeiro ministro Nawaf Sharif, derrocado en 1998 polo golpe militar de Musharraf e dende entón exiliado en Arabia Saudita.

As claves do retorno de Bhutto e Sharif aínda son incertas pero seguramente revelan a crecente debilidade política de Musharraf. Washington non disimulou a súa intención de propiciar un pacto de gobernabilidade entre Musharraf e Bhutto, tendente a evitar unha desestabilización do país.

Co beneplácito de Washington, Bhutto adianta dende o seu exilio en Londres as negociacións políticas entre o seu Partido Popular de Paquistán e o goberno. Incluso, Musharraf retirou os cargos de corrupción que penden sobre Bhutto. Neste delicado pulso de poder, as fortes presións internas obrigaron a Musharraf a restituír na presidencia do Tribunal Supremo a Chaudhry e nomear ao xeneral Ashfaq Pervez Kiani, un aliado estadounidense, como novo xefe do Exército.

No caso de Nawaf Sharif, Musharraf ordenou a súa inmediata deportación a Riyad apenas chegara a Islamabad, co cal se especula que podería existir un acordo secreto entre Bhutto e Musharraf para colocar fora do xogo político a Sharif e o seu partido.

Trala destitución de Chaudhry, Paquistán observa un preocupante escenario político, ante o aumento das protestas populares e o incremento do terrorismo islamita, especialmente tralo brutal asalto propiciado por Musharraf á Mesquita Vermella en xullo pasado, que propiciou a recente mensaxe de Osama ben Laden de “declarar a yihad contra Musharraf”.

A este escenario debe engadirse a cada vez mais evidente ausencia de autoridade estatal nas rexións fronteirizas con Afganistán, onde se cre está refuxiada a cúpula de Al Qaeda e os talibáns. O pacto entre Musharraf e os líderes tribais da rexión de Waziristán, acordado no 2006, practicamente está liquidado pola acción dos grupos islamitas e o asalto á Mesquita Vermella. Paralelamente, a rexión fronteiriza de Baluchistán segue a manter a súa rebelión contra Musharraf.

A tal punto é crítica a situación no espazo afgano-paquistaní que o presidente afgano Hamid Karzai ofreceu aos líderes talibáns a posibilidade dun pacto político para que entren no goberno, a cambio de suspender os ataques contra as forzas de ocupación estranxeiras.

Con estas tensións políticas e militares, semellaba existir unha posible caída en desgraza de Musharraf. Pero o evidente pacto político con Bhutto, que levaron a que renunciara á xefatura no Exército no caso de gañar as eleccións presidenciais co seu partido, a Liga Musulmán de Paquistán-Q, pode facilitar a reelección presidencial de Musharraf, un reparto de poder co partido de Bhutto e un reacomodo nos altos mandos militares.

A hipotética debilidade de Paquistán favorecería o fortalecemento das relacións entre India e EEUU, orixinadas tralo acordo nuclear alcanzado no 2006. Non obstante, Islamabad e Musharraf seguen a ser pezas clave para Washington dentro do estratéxico xadrez que se xoga en Asia Central e o sudeste asiático, aínda que dentro doutra dimensión política.