20070322 tel aviv ehud olmert

Algo se move

Apartados xeográficos Oriente Medio ARQUIVO
Idiomas Galego
 Ehud Olmert; clic para aumentar
O maior problema, senón o único, é a política de Bush, que non só demostrou pouca simpatía polas conversacións con Siria, senón que fixo todo o que puido para torpedealas. Por iso tamén pensan en Israel que a política americana xa non sirve aos seus intereses, por máis que Olmert (na foto), coa boca pequena, diga o contrario.
 

Algo se move nas relacións de Israel cos seus veciños, en especial con Siria. As conversacións secretas entre os dous países xa hai tempo que non o son. Israel comprendeu que a súa política de supremacía militar acabou e que non ten outro camiño que pactar cos seus veciños.

Coñécense, ademais, declaracións a moi alto nivel que manifestan o fracaso da estratexia militar dos EEUU e o risco que corren dun fracaso conxunto. Está xeneralizada a idea de que os padriños americanos teñen una "incomprensión total da realidade" e que sería un erro moi grave atacar militarmente a Irán.

O maior problema, senón o único, é a política de Bush, que non só demostrou pouca simpatía polas conversacións con Siria, senón que fixo todo o que puido para torpedealas. Por iso tamén pensan en Israel que a política americana xa non sirve aos seus intereses, por máis que Olmert, coa boca pequena, diga o contrario. Ao veren que a súa seguridade non está garantida, pensan no pacto, no acordo, na transacción. Non hai dúbida de que algo se move.