20070527santa monica beach war memorial

O veto de Bush

Apartados xeográficos Estados Unidos ARQUIVO
Idiomas Galego
 Monumento memoria soldados mortos en Iraq na Praia Santa Mónica (California); clic para aumentar
Pouco importa a Bush o fracaso da súa política ou que cada día haxa máis partidarios de saír de Iraq ou máis soldados mortos. O que importa é acomodar a realidade ao dogma, aos elementais esquemas dos que verdadeiramente mandan. E que, como tales, son un perigo para o país e para o mundo. (Foto: Monumento en memoria aos soldados mortos en Iraq na Praia de Santa Mónica en California).
 

A ninguén lle debera estrañar o veto de Bush ao acordo dos representantes do pobo de EEUU na procura dun fin certo para a guerra de Iraq. É unha actitude moi coherente coas ideas que os neocons teñen do que é e do que debe ser a política, e que algúns pensan que foron aprendidas en Leo Strauss.

Sexa esa a fonte ou non "Wolfowitz foi discípulo de Strauss, pero outros moitos non pasan do primitivismo de Bloom", é claro que a democracia non lle vai a Bush nin aos do seu arredor. A teoría schmittiana do golpe de estado permanente "poder executivo forte, lexislativo á marxe e submisión do xudicial" é o soño neocons.

Pouco importa a Bush o fracaso da súa política ou que cada día haxa máis partidarios de saír de Iraq ou máis soldados mortos. O que importa é acomodar a realidade ao dogma, aos elementais esquemas dos que verdadeiramente mandan. E que, como tales, son un perigo para o país e para o mundo. Xa o veredes: imos ser vítimas, xa o somos, dun novo dogmatismo redentor. Pero do que, unha vez máis, nos teremos que redimir.