20060912washington nicolas sarkozy george bush

Sarkozy e o exterior

Apartados xeográficos Europa ARQUIVO
Idiomas Galego
 Nicolas Sarkozy e George Bush, clic para aumentar
No terreo das hipóteses, con alicerce no que Sarkozy veu manifestando en diversas ocasións, os tempos que veñen non van ser bos para Europa, para unha política europea autónoma e á marxe das presións imperiais. Por iso Bush se mostrou tan satisfeito: agora conta con dous homes, e non só con un, para que a política europea siga agardando. (Foto: Nicolas Sarkozy e George Bush na Casa Branca o 12 de setembro de 2006).
 

Hai moitas posibilidades de que a política exterior de Sarkozy sexa moi diferente da de Chirac: pouco europea e moi do gusto de Bush. Este non ocultou o moi satisfeito que se sentía polo resultado das eleccións francesas. A sintonía de París con Bon e Moscova será cousa do pasado, en contra de Europa.

E vai ter sintonía con Solana, o defensor da guerra dos Balcáns "sen autorización da ONU pero segundo o espírito da ONU", que este dixera, e que no cume de Salónica presentou á UE un documento servil coa política da "Nova Estratexia de Seguridade dos EEUU", ou exercicio do poder arbitrario.

É certo que o poder cambia aos que o exercen, aínda a aqueles que non quixeran cambiar. Pero, no terreo das hipóteses, con alicerce no que Sarkozy veu manifestando en diversas ocasións, os tempos que veñen non van ser bos para Europa, para unha política europea autónoma e á marxe das presións imperiais. Por iso Bush se mostrou tan satisfeito: agora conta con dous homes, e non só con un, para que a política europea siga agardando.