20080116 florida panama city rudy giuliani

Eleccións en EEUU: a calma antes da tormenta

 Rudy Giuliani; clic para aumentar
O ex alcalde de Nova York, Rudy Giuliani encabeza as enquisas de Nevada e, no caso de gañar, será tamén a súa primeira victoria. Carolina do Sur presenta a maior oportunidade para que o vencedor acolla o momento para as eleccións posteriores porque, tradicionalmente, ese é o estado que ha celebrado a terceira rolda electoral. Nevada e Michigan adiantaron os seus comicios este ano así que será difícil coñecer cales serán os seus efectos. Sexa quen gañe en Carolina do Sur que, segundo as derradeiras sondaxes sería Mike Huckabee, probablemente será o mellor situado para Florida (día 29) e o supermartes. (Foto: Rudy Giuliani en Panama City, Florida, o 16 de xaneiro de 2008).
 

Tanto para os candidatos como para os votantes, a semana percorrida entre as pasadas primarias de New Hampshire e as primarias de Michigan, así como os caucus de Nevada que se celebrarán o 15 e o 19 deste mes respectivamente, está ben recibida. A súa vez, este descanso resulta moi tenso posto que as decisións anteriores de Iowa e New Hampshire non ofreceron moitas pistas sobre quen gañarán o nomeamento dos seus respectivos partidos.

Ademais, e quizais gracias a esta incerteza dentro de ambos bandos, o actual alcalde de Nova York, Michael Bloomberg, está contemplando a súa candidatura como independente, despois de meses de haber negado esa posibilidade "unha curiosidade porque o Sr. Bloomberg, demócrata ata o ano 2001 cando se presentou ás eleccións do concello neoiorquino como republicano, abandonou o partido en xullo do ano pasado. A pesar das numerosas incógnitas, despois de Iowa e New Hampshire e en vésperas das eleccións restantes deste mes, pódese inferir e prever algúns feitos concretos.

Polo bando republicano, a campaña preséntase con máis dúbidas xerais que no seu partido rival e, os próximos comicios non nos axudarán, a pesar de poder producir uns resultados claros. O problema é que ata o supermartes, do día 5 de febreiro, é máis que probable que cada estado votará a candidatos distintos. En Michigan, o mormón e ex-gobernador de Massachusetts, Mitt Romney, saboreará a súa primeira victoria, despois de haber quedado segundo dúas veces. Esta realidade débese a que o seu pai foi gobernador dese estado, con ampla aprobación durante seis anos na década dos sesenta.

O ex alcalde de Nova York, Rudy Giuliani encabeza as enquisas de Nevada e, no caso de gañar, será tamén a súa primeira victoria. Carolina do Sur presenta a maior oportunidade para que o vencedor acolla o momento para as eleccións posteriores porque, tradicionalmente, ese é o estado que ha celebrado a terceira rolda electoral. Nevada e Michigan adiantaron os seus comicios este ano así que será difícil coñecer cales serán os seus efectos. Sexa quen gañe en Carolina do Sur que, segundo as derradeiras sondaxes sería Mike Huckabee, probablemente será o mellor situado para Florida (día 29) e o supermartes.

Entre os demócratas, a pesar do esforzo do ex-senador por Carolina do Norte John Edwards, quédanos dous candidatos: Obama e Clinton. A diferencia dos republicanos, a carreira entre estas dúas candidaturas demócratas reflicte ao nivel nacional en cada estado. Despois de Iowa e New Hampshire, a carreira entre Obama e Clinton está empatada, pero tanto en varios estados claves como ao nivel nacional, Clinton gáñalle ao seu rival en moitas enquisas, salvo en Carolina do Sur. Ambos teñen nomes mais coñecidos entre os votantes afroamericanos, así que Obama nono pode contar coa súa unanimidade. Se Clinton resulta vencedora en Michigan e Nevada, Carolina do Sur quizais será a última oportunidade para Obama.

Que disfrutemos da calma. A campaña se complicará aínda máis en breve.