2025 global trends final report 20

Informe, para hoxe, do 2025 (I)

 Gobal Trends 2025: A Transformed World: Introdución, un mundo transformado; clic para aumentar
Todos os escenarios e datos deste artigo están baseados no informe "Gobal Trends 2025: A Transformed World", do Consello Nacional de Intelixencia do Goberno dos Estados Unidos, e dos informes do Instituto Galego de Estatística (IGE). [Foto: Ilustración do informe "Gobal Trends 2025: A Transformed World"].
 

Marzo de 2025, o xefe de gabinete da presidenta electa da Xunta de Galicia redacta un informe previo ao debate de investidura.

«Presidenta: Despois de discutir con todo o equipo, reafírmome en que a primeira idea "forte" do seu discurso debe referirse aos problemas demográficos. Os últimos datos do IGE, confirman as previsións feitas fai uns 20 anos. Movémonos cerca do peor dos escenarios previstos. A poboación menor de 30 anos xa rolda o 22% mentres que os maiores de 65 superan o 28%. É certo que é un problema mundial e que tivo algunhas consecuencias positivas como o aumento das nosas exportacións ao Norte de África. Este incremento débese en parte a que, desde Marrocos a Exipto, o número de mozos diminuíu en cifras absolutas e relativas (60% no ano 2005, 45% no 2025). A aparición de mellores empregos e, como consecuencia, o aumento da capacidade adquisitiva beneficiáronnos; por non falar de que diminuíu a afiliación ás organizacións salafistas. Pero todo iso non pode facernos esquecer a diminución da nosa productividade e os problemas de recadación fiscal. A solución tradicional: a incorporación das mulleres ao mercado de traballo xa non dá máis de si. Temos que conseguir que vingan máis emigrantes.

Se acepta a nosa suxestión, podería situar en segundo lugar os problemas do cambio climático e a referencia ao furacán que arrasou Nova York durante a pasada Asemblea Xeral da ONU. De ningún modo queremos que pense que minimizamos a importancia do cambio climático, compartimos con vostede que levamos demasiados anos de vacilacións, pero non se esqueza que: a) é un debate transmitido en directo, b) a atención sobre NY diminuíu, xa hai seis meses da catástrofe, c) é mellor presentar un problema (o envellecemento) e destacar as solucións nos outros asuntos. Unha consideración máis, non perda de vista que EEUU xa non son a "superpotencia" de comezos do século. O ascenso de China, India, e en menor medida de Rusia e Brasil, están a facer que a UE reformúlese as prioridades das súas alianzas e non gañamos nada situándonos "agora" no lado dos "occidentalistas"; xa haberá tempo de pronunciarse.

Na segunda parte do informe, desenvolvemos os outros grandes temas que creemos débense incluír no discurso: o aumento dos prezos da Enerxía, a escaseza mundial de Alimentos e as restriccións ao acceso á Auga. Ademais habería que tentar non esquecernos de reservar algunha referencia ao Terrorismo.

Santiago, marzo 2025».

Nota: Todos os escenarios e datos deste artigo están baseados no informe "Gobal Trends 2025: A Transformed World", do Consello Nacional de Intelixencia do Goberno dos Estados Unidos, e nos informes do Instituto Galego de Estatística (IGE).

Material para a web

Global Trends 2025
Informe do Consello Nacional de Intelixencia dos EEUU:
http://www.dni.gov/nic/NIC_2025_project.html.

A Industria non norte de África
A evolución dos viñedos:
http://es.youtube.com/watch?v=cHE8W4Sd9yE.

Furacáns
Nos últimos anos os meteorólogos observan que a clasificación tradicional dos furacáns xa non sirve:
http://es.youtube.com/watch?v=GJZ0pHDINZ4.

Armada Chinesa
Reportaxe sobre o estaleiro de Jiangnan, o máis importante de China:
http://es.youtube.com/watch?v=tFEaybAxomM.

Despois de basear a súa defensa naval na flota de submarinos, China entra na carreira para construír novos portaavións:
http://es.youtube.com/watch?v=0-8uDx1lets.