20080216 bagdad soldados iraquis

Corrupcións no Iraq

Apartados xeográficos Oriente Medio ARQUIVO
Idiomas Galego
 Soldados iraquís en Bargdad, clic para aumentar
Os homes de Abu Marouf ben quixeran integrarse no exército iraquí, pero para eles o goberno de Maliki é o peor goberno do mundo. O seu exército, o de Maliki, ten trece divisións e a maioría pertencen ás milicias xiítas controladas por Irán. É case imposible un entendemento entre uns e outros. (Foto: Soldados do exército iraquí en Bagdad).
 

Tamén entre as milicias da resistencia hai corrupción no Iraq. Unha corrupción que, por agora, non lle está dando malos resultados aos invasores. Sábese que as milicias sunnitas de Abu Marouf, uns 13.000 combatentes, cobran daqueles sumas que van dende os 350 dólares ao mes para os milicianos ata 1.500 para os oficiais.

Nun principio, eses milicianos loitaron contra os invasores. Pero agora fano contra Al Qaeda, digamos que contratados polo Pentágono para acabar cos homes que Bin Laden ten combatendo no Iraq. E todo indica que lles están sacando aos americanos as castañas do lume, facendo un traballo que eles non souberon facer.

Os homes de Abu Marouf ben quixeran integrarse no exército iraquí, pero para eles o goberno de Maliki é o peor goberno do mundo. O seu exército, o de Maliki, ten trece divisións e a maioría pertencen ás milicias xiítas controladas por Irán. É case imposible un entendemento entre uns e outros.

Pero convén non facerse demasiadas ilusións: Abu Marouf xa adiantou que van errados os americanos se pensan que "nos poden utilizar para acabar con Al Qaeda e logo deixarnos de lado". Calquera se fía de xentes como as que Aou Marouf capitanea. E calquera se fía, asemade, dunha política como a dos invasores, montada sobre a corrupción máis noxenta e primaria.

Pero a advertencia de Abu Marouf pode ser inocua se os invasores chegan, como seguro que pretenden, a telos localizados e controlados. Poderán moverse o día que se decidan a facelo, isto é, despois de teren feito o traballo que o invasor non soubo facer?