20080214moscova vladimir putin conferencia anual

A treta rusa

 Conferencia anual de prensa de Vladimir Putin; clic para aumentar
O pasado 14 de febreiro, durante case cinco horas, Putin detallou como imaxina a articulación do poder entre ambos a partir do momento en que se produza o relevo. Ante os máis de 1.300 xornalistas que compareceron no Kremlin para asistir á que foi, probablemente, a súa derradeira conferencia de prensa, enumerou os dereitos e deberes do primeiro ministro, comparándonos cos do xefe do Estado.
 

Medvedev e Putin afrontan as eleccións presidenciais do próximo domingo dous de marzo con pasmosa tranquilidade. O pasado 14 de febreiro, durante case cinco horas, Putin detallou como imaxina a articulación do poder entre ambos a partir do momento en que se produza o relevo. Ante os máis de 1.300 xornalistas que compareceron no Kremlin para asistir á que foi, probablemente, a súa derradeira conferencia de prensa, enumerou os dereitos e deberes do primeiro ministro, comparándonos cos do xefe do Estado. Para Putin, o primeiro ministro dispón de amplas competencias en materia orzamentaria e financeira, nas cuestións sociais, saúde, educación e ambiente, defensa e seguridade, política exterior económica, etc., é dicir, un amplo elenco de funcións que, segundo o diario Kommersant, son suficientes para revalidar o protagonismo dunha figura ata agora carente de peso e opacada pola omnipresente acción do propio presidente.

Será entón Medvedev un presidente decorativo? Segundo explicou Putin, a complementariedade "ademais da natural confianza- define a relación entre ambos cargos, asegurando que permanecerá no posto de primeiro ministro mentres Medvedev asuma a presidencia. Putin non parece temer sorpresas do seu delfín nin tampouco que xurdan desavenencias. Nun foro económico celebrado en Siberia, Medvedev presentou ante representantes das empresas máis importantes do país, a estratexia económica para os próximos catro anos, marcada tamén pola continuidade respecto á promovida por Putin nos últimos tempos, poñendo o acento no fortalecemento institucional, na mellora das infraestruturas, o fomento da innovación e o aumento substancial dos investimentos.

O éxito desta sucesión e da pública treta da inversión dos respectivos papeis semella, pois, plenamente asegurada. Algunhas enquisas previas sinalan que un 80% dos rusos teñen intención de acudir ás urnas, o cal non deixa de sorprender ante a certeza dun resultado que non parece desmobilizar ao electorado, e que un 80% deles poderían votar a Medvedev, xustamente porque o consideran unha copia de Putin, lexitimando así, sen complexos, a estratexia do líder ruso, animados, segundo Kommersant, pola confianza que lles inspira proseguir o empeño de reforzar a consideración de Rusia como gran potencia (51%), e o reforzamento da legalidade e a orde no país (45%).