A visita de Moratinos a Xibraltar

Junto a su reja florida quiere ocultar su dolor. La rosa de su alegría de nuevo se marchitó…, campanero jerezano echa a volar tus campanas… Sen pretender pechar un tema tan complexo cun simple artigo de opinión e as suas limitacións, parodiando a horripilenta canción“Esta es la verdad, la pura verdad sobre Gibraltar…”, xurdida no contexto do peche da aduana de Xibraltar e da prohibición do sobrevoo por España dos avións dirixidos a éste por mandato de Franco no 1966, vémonos tentados a expor o noso punto de vista sobre Xibraltar, á luz das repercusións políticas e mediáticas que tivo a visita do Ministro de Asuntos Exteriores, Miguel Ángel Moratinos, a cal, se ben en termos de reivindicación, case 300 anos, en nada axuda ás pretensións soberanas españolas que, por algunhas razóns, algunhas quizais tamén xurídicas, non lograron imporse dende 1713, pode ser entendida, con todo, como a expresión dun pragmatismo alleo a grandes conceptos como o dunha soberanía cada vez máis relativa no mundo actual.

De ilusións tamen se vivía, pero aquí pasou o que pasou… Entendemos, en todo caso, que a actuación desenvolvida últimamente de cooperación tripartita entre España, Reino Unido e Xibraltar debilita notabelmente os seus tradicionais argumentos xurídicos, como: Xibraltar última colonia de Europa; ningún futuro internacional para a “propiedade” da Cidade de Xibraltar, respecto da cal darase á Coroa de España a primeira acción antes que a outros para redimila”, á luz dunha interpretación do art. X do Tratado de Utrecht, susceptibel doutras que, máis próximas aos dereitos dos pobos, dan vida ao histórico conflito; españolidade do terreo do istmo no que foi construído o aeroporto; non posibilidade de mar territorial xibraltareño (concepto, polo demais, non suficientemente precisado no Dereito Internacional de 1713); espazo aéreo (dificilmente pode pretenderse a reserva por España dun concepto xurídico inexistente naquela época), etc.

Utrecht, un anaco en desuetudo… ¿Polo demais, podería pretender España a aplicación dunha parte do Tratado cando inaplica co desuso outra referente a comunicacións abertas, atendendo aos beneficios que xera Xibraltar na súa contorna do Campo de Xibraltar, así como por intereses propios de natureza internacional? Convén lembrar que no citado art. X dise tamén que “que a devandita propiedade cédase a Gran Bretaña… sen comunicación algunha aberta… por parte de terra. E como a comunicación por mar coa costa de España non pode estar aberta e segura en todos os tempos, e de aquí pode resultar que os soldados da guarnición de Xibraltar e os veciños daquela cidade véxanse reducidos a grandes angustias, …acordouse que nestes casos póidase comprar a diñeiro de contado en terra de España circunveciña a provisión e demais cousas necesarias para o uso das tropas do presidio, dos veciños e das naves surtas no porto”. ¿Garda esta cláusula relación co “enreixado” aberto ao tránsito?, por máis que sexa co acordo da parte inglesa. Evidentemente, no mundo do Dereito poucas veces está dita a última palabra e podería argüirse unha modificación tácita neste punto; pero e qué dicir de recoñecer ao goberno dun “pobo” e negar os dereitos dese pobo que non interesan, cando o mesmo Moratinos dixo que “se no século XXI non temos o apoio da cidadanía, sexa xa en España, Xibraltar ou o Reino Unido, difícilmente calquer acordo diplomático pode ter sostebilidade”. Eso é verdade, e, máis aínda, cando os actos contrarios entre sí que salpican a práctica española no asunto xibraltareño encaixan mal cunha posición xurídica que se pretendera sólida…