Presenza-Opinión Volver a TitularesVolver a Presenza/Latinoamérica/ Latinoamérica
Os novos desafíos de Chávez
Xulio Ríos (AGN, 22/02/2009)

Versión en PDFVersión para imprimir

 

  Gañou o SI; clic para aumentar
A vitoria de Chávez en Venezuela, superando a barreira dos seis millóns de sufraxios, abre un horizonte de continuísmo político no país andino que nos reenvía ata finais da próxima década se, como anunciou, decide participar nas presidenciais de 2012. [Foto: O luns 16 de febreiro de 2009, varios xornais de Caracas fanse eco da vitoria do “SI” no referendo do día 15].
 
A vitoria de Chávez en Venezuela, superando a barreira dos seis millóns de sufraxios, abre un horizonte de continuísmo político no país andino que nos reenvía ata finais da próxima década se, como anunciou, decide participar nas presidenciais de 2012. Chávez gañou en 19 dos 23 estados e na capital, Caracas, repetindo o triunfo dos comicios rexionais a gobernadores e alcaldes realizados hai apenas dous meses. A oposición gañou en catro estados, un menos que nas eleccións do 23 de novembro, consolidando a súa forza nos municipios do Distrito Metropolitano de Caracas.

Non obstante, outras probas, non electorais, poden complicar o mandato de Chávez nos próximos anos e afectar á estabilidade do seu goberno. En primeiro lugar, os efectos da crise financeira internacional que operou unha drástica redución dos prezos do petróleo no mercado mundial, engadindo dificultades a unha Venezuela que depende en sumo grado dos ingresos da exportación do cru. Consolidar os avances logrados en materia de loita contra a pobreza, de redución do desemprego, de mellora dos dereitos sociais a todos os niveis, etc, representa un desafío de primeira importancia para manter e afondar a súa política de reformas.

En segundo lugar, a xestión da súa propia vitoria fronte a unha oposición cada vez máis compacta e que regresará, con máis ou menos forza, a unha Asemblea nacional que debe renovarse próximamente. Canta menos flexibilidade no discurso de Chávez maiores probabilidades terá de incentivar a cohesión dunha oposición esencialmente unida polo rexeite ao presidente e a súa política e que pronto contará no foro parlamentario.

Por último, a relación con EEUU. A Administración Obama cualificou o referendo como un “proceso plenamente democrático”, unha chiscadela que dá a entender o seu desexo de establecer unha relación normal e positiva con Chávez. O eloxio resulta excepcional e raro habida conta a teimosía de Chávez en opoñerse á intervención de Washington nos asuntos latinoamericanos e en esforzarse por facer realidade a soberanía e a independencia da rexión. Despois de Chávez expulsar ao embaixador estadounidense, a administración Bush retrucou coa expulsión do embaixador venezolano en setembro de 2008. Unha situación que a curto prazo podería non só reconducirse senón tamén reorientarse adecuadamente.

 
 

Xulio Ríos,
director do Igadi.

Clic para aumentar
 
Volver a TitularesVolver a Presenza/Latinoamérica



Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.gal

ÚLTIMA REVISIÓN: 22/02/2009
Fernando Pol Trigo


Subir

 

Subscríbete á lista de correo do Igadi e recibe notificación das novas
informacións, artigos, documentos, convenios, publicacións, etc, que ofrece
o Igadi na súa páxina web Igadi na Rede.


Para comprender o Mundo desde aquí ...
... para proxectar a Galicia no contexto internacional.

   

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/igadi/alta