Tailandia: a “conexión Thaksin”

O termómetro do pulso entre o goberno e os “camisas vermellas” en Tailandia subiu ata temperaturas elevadísimas. A cuestión ten que ver cos apoios políticos e a popularidade da facción que se levanta contra o oficialismo, que posúe un considerable respaldo. Neste pulso, a poboación da capital Bangkok amosa tamén unha marcada atomización entre os que apoian aos disidentes, os que están en contra e os que permanecen indiferentes.

A maioría da poboación que apoia os “camisas vermellas” proveñen do norte do país. Non obstante, a escusa detonadora para que os disidentes se lanzaran a rúa foi a vinculación que dende o comezo fíxose co deposto primeiro ministro Thaksin Shinawatra sobre a súa presunta apropiación ilícita de 46 mil millóns de baths, arredor de mil millóns de euros.

Cabe dicir que esta vinculación amosou unha perda de forza co paso do tempo. Por exemplo, unha das medidas a tomar polos dirixentes de masas foi aceptar a resolución do tribunal que xulgaba o ex primeiro ministro de devolver máis do 60% desta cantidade. Non obstante, esta aceptación enmascaraba a condición de que debíase cumprir a inmediata disolución da Cámara de Representantes, e de non ser así, Bangkok prepararíase para unhas longas xornadas de concentracións masivas, do estilo que anteriormente levaran a cabo os “camisas amarelas”.

Se ben o xuízo de Thaksin continuou alentándose vía Internet por conexións en vídeo conferencia, a través das redes sociais, para que os manifestantes non cesaran nas súas protestas, así como as afirmacións nos medios de comunicación que nunca se chegaron a demostrar de que o político foi un dos fortes financeiros da Fronte pola Democracia e contra a Ditadura -a plataforma que organiza aos “camisas vermellas”- tamén é certo que, como se denunciou acertadamente, Thaksin é a figura pública que mais encaixaría no grupo político denominado amataia ou elite burocrática.

Anti-ditadura ou anti-fenda económica?

Un dos discursos dos disidentes descansou en base á dicotomía amataia – prai. A primeira palabra é un termo tailandés empregado para denominar a elite burocrática, as clases máis ricas. Son estas as que se cre que veñen gobernando o país após o golpe de wstado de 2009.

O segundo termo emprégase na lingua local para denominar ao proletariado ou os mineiros. En suma, inténtase establecer a tradicional dicotomía marxista. Non obstante, tódolos analistas do país parecen coincidir en que existe en Tailandia unha “dobre moral” que se aplica a uns e a outros segundo a súa bagaxe social. Debido a esta contradición, o propio Thaksin propuxo nas redes sociais onde transmitía que este discurso deslexitimábase polo súa propia ambivalencia.

Non obstante, d seguir considerando a figura de Shinawatra como unha razón de peso que explica o conflito, tamén deberíase considerar de igual transcendencia o feito de que o debate entre as distintas faccións que toman parte da contenda teñen en conta, e moi en conta, a diversidade socioeconómica que azouta ao país, e que polo tanto, é unha das principais causas que axudou a conducir ás masas ao actual contexto.

Moitos dos participantes do conflito flotan na idea, polo demais certa, dunha Tailandia cunha enorme fenda económica entre ricos e pobres. Neste senso, a realidade é tamén unha última expresión violenta deste histórico conflito, e moitos dos “camisas vermellas” ven nesto unha oportunidade para derrocar ás elites e cambiar dunha vez por todas esta situación.

En definitiva, un capítulo mais do proceso de globalización, dos que poden acceder ás súas vantaxes e dos que aínda non poden. Neste senso, Thaksin é un claro exemplo de decision maker que flotou sobre as leis, soubo beneficiarse delas e da súa posición, aumentando ou non lexitimamente o seu patrimonio. Tailandia, cun enorme e forte patrimonio cultural e identitario pasa a chocar coa globalización personificada en Thaksin.

Debido aos seus propios intereses, e tamén debido á súa prominente posición, Thaksin queixouse na area pública das rixideces institucionais e, por veces, culturais que dende o seu punto de vista arrastra o país. En vista deste visible papel contestario, e así e todo coas súas contradicións, o ex primeiro ministro erixiuse como tótem do recente levantamento.

Non obstante, o mesmo Thaksin apresurouse nos seus últimos comunicados a afirmar que dificilmente pode seguir apoiando o movemento, en vista dos tentes que está a asumir como reivindicacións, ademais de que a súa presenza nos medios de comunicación ven retrocedendo nos últimos días.

A desvinculación

Sen entrar no debate de se o rol político de Thaksin é positivo ou non para o país, xa que ao mesmo tempo se lle poden atribuír moitas cousas positivas para o Estado en relación coa súa propia historia política, para os “camisas vermellas” unha manobra quizais axeitada é desvincularse con sixilo da figura de Sinawatra, debido a que este é a escusa perfecta para a mobilización dos “camisas amarelas”.

En realidade, os “camisas amarelas” encarnarían a amataia, un movemento popular dereitista e ultranacionalista, formado polas clases medias urbanas, a elite economicamente potente e os sectores próximos á monarquía tailandesa. Estes formulan diversas demandas como que a Cámara de Representantes sexa elixida tan só polo 30% do electorado mentres que o outro 70% sexa elixida por designación, en vista do demostrado apoio popular que tivo o disolto Partido do Poder do Pobo de Thaksin.

Polo tanto, non semella conveniente que Sinawatra volva á palestra política tailandesa. O seu poder lobbista pode ser positivo para o país, en aras de alternativas de contestación á autoridade, pero que tome posesión dun cargo político sería unha acción demasiado arriscada para os tempos que corren.

Numerosas voces alertan de que o país está fortemente dividido entre os “camisas amarelas” e os “camisas vermellas”. Este último mes asistimos á expresión visible dun novo movemento social cunha clara axenda política, na que se atopan demandas mais inmediatas como a disolución da Cámara Baixa e a convocatoria de eleccións, ademais de emendar a Constitución do 2007.

Así, nestes últimos anos, a cultura e a participación política tailandesas dista moito dos canons dos manuais políticos. O ascenso dos “camisas vermellas” así o define, aínda que estas alternativas políticas deberían superar a etapa da transitoriedade para concretarse como movementos políticos máis definidos.

Igualmente, a sociedade tailandesa debería premer con maior decisión sobre a necesidade de evitar as intervencións militares na política nacional, o cal incrementa o risco de convertelos en actores políticos protagónicos. De non cambiar esta situación, a sociedade civil sería a verdadeira perdedora.