Un novo Plan de Defensa para Xapón: a fin da “Nación Pacifista”?

Para finais de 2010 está previsto que Xapón pondere os “Principios Fundamentais do Plan de Defensa”, cuxa última revisión data de 2004. Por iso, compre preguntarse cómo mudará o Plan de Defensa de Xapón. Antes de proceder a esta revisión, o primeiro ministro xaponés Naoto Kan recibiu do comando das Forzas Armadas a “Consulta da Seguridade e o Poder Defensivo na Nova Era”, onde se propón que Xapón cambie o seu tradicional concepto de “Nación Pacifista” Pasiva polo de “Nación Creadora de Paz” Activa.

A consulta suxire revisar os principios tradicionais do Plan de Defensa xaponés. Xapón sostiña o principio de “Poder Defensivo Básico”, cuxa idea é manter ao mínimo o poder defensivo como país independente para que non sexa un factor de inestabilidade recollido manifestou por primeira vez no Principio Fundamental do Plan de Defensa de 1976. Con todo, a consulta propón que se emancipe da idea de “Poder Defensivo Básico” e que procure o poder defensivo indispensable para tomar medidas de acordo cunha situación complexa, por exemplo, a situación xurdida ante ataques de comandos armados ou cibernéticos. Considerábase ata agora que o poder defensivo limitábase a conter unicamente a invasión, pero o informe explica que “a disuasión dinámica” é importante neste momento.

Por outra banda, Xapón prohibe a exportación de armas. Pero a consulta sinala que é importante revisar este principio porque a “cooperación cos equipos defensivos” é efectiva para dar curso ás medidas orientadas a mellorar a Seguridade e as Relacións Internacionais. Para que Xapón non quede só na corrente de renovación técnica internacional da industria defensiva, compre participar no desenvolvemento e a produción internacional en equipo. Ata agora, Xapón contribúe á paz a través da non exportación de armas, pero coa nova revisión establécese a exportación armamentista como mecanismo para a creación activa da paz.

Polo que atinxe aos Tres Principios non nucleares, “non posuír, non producir, non autorizar o transporte no seu territorio”, o goberno xaponés non está agora en disposición de cambialos. Pero a consulta sinala que non é xuizoso decidir de antemán se unicamente refirese a conter a EEUU, senón que orixinariamente o máis importante para a seguridade de Xapón é non permitir que as potencias nucleares usen as armas nucleares.

Asi mesmo, o informe destaca o cambio de interpretación da Constitución. Baixo a actual interpretación constitucional, se os barcos estadounidenses que participan na cooperación con Xapón sofren ataques, non se permitirá que as Forzas Armadas de Autodefensa de Xapón acudan na súa protección como medida anterior á fase propiamente dita de defensa de Xapón. Do mesmo xeito, Xapón tampouco pode activar o escudo antimísil en caso de ataque contra EEUU, porque isto non devén unha situación de defensa nacional. A consulta di que Xapón debe pensar qué facer e reexaminar a interpretación sobre o dereito de defensa.

Os aspectos mencionados anteriormente son unha proposta que xurde como resultado da Consulta. Non serán aceptadas todas as iniciativas, pero o informe será materia de revisión a finais deste ano. Despois do cambio político ocorrido en 2009, Xapón perdeu a consistencia na súa política exterior, co cal debe fixar a súa liña de conduta e enfrontarse aos cambios operados na política internacional.