E agora Libia

Correrá o réxime de Muammar al Gadafi o mesmo destino que os de Ben Alí e Mubarak? A pesar do cruento baño de sangue, que cifran en aproximadamente 250 os mortos pola represión, e da sublevación de rexións no leste de Libia, con epicentro na localidade de Bengasi, unha primeira perspectiva cuestionaría a posibilidade de desintegración inmediata do réxime instaurado polo coronel Gadafi a partir de 1969.

Apartados xeográficos África
Idiomas Galego

Correrá o réxime de Muammar al Gadafi o mesmo destino que os de Ben Alí e Mubarak? A pesar do cruento baño de sangue, que cifran en aproximadamente 250 os mortos pola represión, e da sublevación de rexións no leste de Libia, con epicentro na localidade de Bengasi, unha primeira perspectiva cuestionaría a posibilidade de desintegración inmediata do réxime instaurado polo coronel Gadafi a partir de 1969.

Correrá o réxime de Muammar al Gadafi o mesmo destino que os de Ben Alí e Mubarak? A pesar do cruento baño de sangue, que cifran en aproximadamente 250 os mortos pola represión, e da sublevación de rexións no leste de Libia, con epicentro na localidade de Bengasi, unha primeira perspectiva cuestionaría a posibilidade de desintegración inmediata do réxime instaurado polo coronel Gadafi a partir de 1969.

Ninguén dubida que a rebelión que actualmente sacude a Libia supón a máis grave crise interna para Gadafi nos seus 42 anos no poder, así como a primeira gran contestación popular contra o seu réxime. Tampouco debe estrañar que, tras Tunisia e Exipto, o dominó de pezas que encarna esta rebelión árabe se reproduza inmediatamente noutros países, aínda que Libia permanecía ata agora aparentemente imperturbable ante as protestas que xa comezaban en Bahrein, Alxeria, Marrocos, Iemen ou Irán, entre outros.

Entre diversas variables e claroscuros, o que actualmente sucede en Libia semella corresponder mais a factores de carácter externo que interno. As caídas de Ben Alí en Tunisia e Mubarak en Exipto supuxeron obvias perdas estratéxicas para EUA e Occidente, cuxa visión a curto e mediano prazo non albisca unha perspectiva viable e alternativa para moderar o que actualmente está sucedendo no mundo árabe.

Por tanto, a expansión da rebelión no Magreb ben podería afectar a un réxime tradicionalmente antioccidental como o de Gadafi, aínda que nos últimos tempos o pragmatismo impuxera o seu selo a través dos acordos enerxéticos libios con multinacionais occidentais, un aspecto que permitiu reinserir á Libia de Gadafi no contexto internacional tras case dúas décadas de illamento exterior. Pero a realpolitk segue a xogar as súas cartas para EUA e os seus aliados: xunto a Libia, outros países nos que Occidente estaría interesado na caída dos seus respectivos réximes serían, obviamente, Irán e Siria.

A pesar da rebelión popular (e aparentemente militar) en Bengasi, os resortes de poder de Gadafi semellan máis evidentes. Contraria á posición das elites do partido Reunión Democrática Constitucional (RCD) en Tunisia e do Partido Nacionalista Democrático (PND) no poder en Exipto, unha vez estouparan as rebelións neses países, non semella que o oficialista Comité Revolucionario libio adopte unha posición urxente para  desaloxar a Gadafi do poder, a diferenza do que sucedeu con Ben Alí e Mubarak.

O poder de Gadafi refórzase con outras variables, determinados pola posición do estamento militar, dos temibles servizos de seguridade (a Mukhabarat) e dunha serie de tribos beduínas que tradicionalmente lexitiman a súa autoridade como “xefe revolucionario”. Ao mesmo tempo, non se coñece con exactitude se existe forzas de oposición o suficientemente fortalecidas como para acabar co réxime de Gadafi, cuxo brazo militar está calculado en aproximadamente 120.000 efectivos.

Compre igualmente observar o efecto que produce a inmediata aparición pública de Saif el Islam Muammar al Gadafi, fillo do máximo líder e sinalado como o seu sucesor político, unha vez estouparan as revoltas. Aos seus 39 anos, Saif el Islam pode xogar un papel importante na actual situación, afirmándose como un rostro pragmático e amable dun réxime constantemente cuestionado dende o exterior.

Tampouco parece preocupar en demasía a Gadafi a posibilidade de que Libia volva a mergullarse nunha etapa de illamento internacional, tomando en conta a indignación internacional tralo baño de sangue en curso e ante a posibilidade dunha incerta guerra civil entre diversas faccións militares e tribais. O prolongado illamento internacional libio persuadiu a Gadafi a manexar unha política mais pragmática e viable que, nos últimos anos, permitiu dar un curso efectivo ao seu réxime.

Non obstante, e aínda que termine impoñendo a súa forza a través da sanguenta represión, a brutalidade da reacción do réxime de Gadafi marcará unha fenda dificilmente superable dentro da sociedade libia. Tomando en conta as caídas dos seus veciños Ben Alí e Mubarak, a negativa dalgúns efectivos militares a “disparar contra o pobo” significa tamén unha contestación de carácter militar que deberá ser seriamente considerada por Gadafi e as elites do seu réxime.

Mentres Libia apréstanse a confrontar a súa peor crise interna, Washington baralla toda serie de variables orientadas a redimensionar favorablemente o curso da incerta rebelión árabe. Nese sentido, a hipotética pero pouco probable caída de Gadafi constituiría a punta de lanza máis visible para redeseñar a nova xeopolítica do mundo árabe e musulmán.