Tamén Exipto

E agora Exipto. E con el Xordania e o Iemen. Parece que, ao cabo, se desencadeou o efecto dominó. Pero Exipto non é Tunisia: ten oitenta millóns de habitantes, é o país que lle quitou Suez ás potencias coloniais e que en 1973 desafiou a Israel. O que lle confire moito prestixio en todo o mundo árabe.
Apartados xeográficos África
Idiomas Galego
E agora Exipto. E con el Xordania e o Iemen. Parece que, ao cabo, se desencadeou o efecto dominó. Pero Exipto non é Tunisia: ten oitenta millóns de habitantes, é o país que lle quitou Suez ás potencias coloniais e que en 1973 desafiou a Israel. O que lle confire moito prestixio en todo o mundo árabe.Iso, por outra banda, significa que o efecto dominó pode ser agora definitivo. De momento, o exército parece que se limitou a sacar os tanques á rúa e pouco máis. A imaxe dos manifestantes subidos aos tanques non parece demostrar unha especial belicosidade das forzas armadas.É un exército que ten recibido un trato preferente dos EE UU (uns dous mil millóns de dólares ao ano), o que máis, despois de Israel. De momento, a presión de Barack Obama pode significar que Hosni Mubarak se absteña de maiores violencias. Pero xa se ve que non vai deixar o poder (a non ser que se vexa forzado a facelo).¿Que rol está xogando nos acontecementos Mohamed el Baradei, se é que xoga algúns? Nin sequera sabemos que rol está xogando o exército, que algún parece que si e que o fai con moita discreción. E forzas armadas van ser, sen dúbida, o factor máis importante e decisivo dos actuais acontecementos.En calquera caso, Mubarak vai ter moi difícil superar as esixencias das masas exipcias. A presión dos EE UU semella que é forte e que se lle esixe un cambio radical, como pide a xente, non un cambio cosmético. Porque ese país non pode darse o luxo de soster un Exipto que lle cree inestabilidade no Oriente Medio. O futuro de Mubarak  non pode ser máis incerto.