A ofensiva das FARC na antesala do día 20

Apartados xeográficos Latinoamérica ARQUIVO
Idiomas Galego

A fin de semana foi aproveitada polas Forzas Armadas Revolucionarias de Colombia para tentar afortalar a súa posición na mesa de negociacións que se abrirá o día 20 de xullo, sementado de terror ás pontes que conducen á negociación para acadar a paz que non chega.

A cifras do terror vivido este fin de semana son contradictorias. Mentres no Ministerio de defensa, cifran en 202 o número de baixas nos revolucionarios, e limitan a 23 os militares uniformados abatidos; as FARC danlle a volta aos números e só recoñecen 30 mortos nas súas filas e o dobre nos distintos corpos militares.

Para evitar novos movementos dos insurxentes o goberno decretou o toque de queda, que limita os movementos de persoas e vehículos pola noite en dez provincias, incluídos os 42.000 km2 desmilitarizados por acordos previos que servirán de escenario para as negociacións de paz.

Indiferentemente do verosimilitude dos datos, a sensación de fracaso invade cada vez máis a sociedade colombiana, ante a magnitude que está a acadar a escalada da guerrilla maís forte de Latinoamérica. O seu líder "tirofijo" asegura non ter presa ningunha en acelerar o proceso de paz, logo de 35 anos de combate e lanza as presas ao bando gobernamental que, se fracasa, terá que enfrontarse a vindeiros procesos electorais marcado polo carimbo do fracaso nun dos seus principais obxectivos.

Mais o goberno acepta o envite retador, e o Ministro de defensa, Luís Fernando Ramírez manifestou ao xornal El Espectador que prevalece a esperanza de atopar unha solución negociada ao conflicto armado,anque advertiu, as Forzas Militares se están preparar para unha situación de guerra, no caso de que fracase a alternativa civilizada do diálogo.