A soberanísima venezolana liquida á moribunda

Apartados xeográficos Latinoamérica ARQUIVO
Idiomas Galego

A Asemblea constituínte venezolana ven de declarar á primacía da soberanísima asemblea sobre os demais poderes que serven de soporte ás institucións democráticas. Para a constitución, aínda vixente, non hai dereito á vida, nin siquera de eutanasia ou dunha morte doce. Nada lle é permitido moribundo texto constitucional. Para acelerar a súa morte súpeta ven de resucitarse a vella constitución do 61.

Venezuela vive unha etapa histórica na que a maioría da poboación se atopa ilusionada, logo de décadas de corrupción galopante que absorveu calquera posibilidade de progreso e que seccionou toda ilusión popular polos partidos tradicionais COPEI (Democratacristiano) ou Acción Democrática (Socialdemócratas), que teñen caído dende o altar das vacas sagradas ate o abismo da impotencia e da ira popular contra dos usurpadores. A sensación que se extende por todo Venezuela e a da repulsa por unha clase política que se ten elevado á impensabeis niveis de pobreza a un país sobradamente rico.

Nos primeiros meses de mandato do presidente Hugo Chavez, os indicadores económicos non teñen deixado de empeorar. O consumo ten minguado no 99 nun 8,8 %, 800 empresas teñen pechado, neste mesmo ano, 650.000 persoas teñen sido despedidas, indo a engrosar un paro que xa chega ao 16,4% da poboación.

O Goberno Chavista está máis preocupado e involucrado en reformar marco legal que en executar o seu programa de emerxencia para loitar contra da pobreza crónica na que se teñen instalado importantes capas da empobrecida clase media. Cando xa foi rebasada a metade do ano presupostario, só se executou o 13% dun orzamento que podería verse incrementado cos ingresos suplementarios dun petróleo que non deixa de incrementar os seus prezos nos mercados internacionais para cotizarse a 17 dólares, case o dobre de que custaba cando chegou o ex-paracaidista ao poder, daquela estaba en 9 dólares.

A variopinta Asemblea constituínte en mans do Polo Patriótico, afronta a tarefa de marcar unhas rexeneradoras regras para o exercicio da democracia, que se debe plasmar nunha nova Carta Magna. O Movimento V República que inzou a Chavez ata a presidencia ten como lema da súa acción política o da "Chavez é a democrácia sen corrupción" baixo un simbólico lazo azul, pero as incógnitas que se abren sobre un presidente populista que enche os seus extensos discursos de vagas metáforas militares o sacadas do béisbol que practicou na mocidade non deixan aventurar cara onde camiña a sociedade venezolana, máis sen dúbida ábrese un período que requirirá unha estreita e atenta observación.