As aulas dos aiatolás levántanse

Apartados xeográficos Asia ARQUIVO
Idiomas Galego

A decisión do Tribunal Especial do Clero de pechar o xornal progresista “Salam” por ter publicado un documento que os censores consideraban secreto, foi a espoleta detonadora do actual conflicto, agravado pola morte de seis estudantes, segundo fontes da universidade, e pola violación da autonomía universitaria. A dual sociedade da República Islámica do Irán, vive dende hai anos unha tensa e larvada pugna entre reformistas aperturistas e fundamentalistas conservadores.

O martes 6 xullo, o progresista xornal Salam desvelaba que membros do servizos secretos iranianos estaban inspirando as restriccións legais á información que pretende recoller a nova lei de prensa. Un día máis tarde o conservador Tribunal Especial do Clero decretaba o peche do xornal por atentar contra da seguridade nacional. Ao día seguinte, entre cincocentos e mil universitarios vótanse á rúa pacíficamente, para demandar unha maior liberdade de prensa e a reapertura inmediata do proscrito Salam, sendo dispersados pola Policía. A represión da policía e das incontroladas milicias da revolución, contra das medrantes manifestacións acadaron o se punto álxido o venres, día 9, data na que as forzas da orde entraron no recinto universitario, violando a súa autonomía, mallando indiscrimadamente nos estudantes, golpeando aos mozos con cadeas ou cristais, despenando algúns dende as fiestras… A resultas da violenta actuación, perderon a vida un número inderminados de estudantes (un segundo o goberno e seis segundo fontes universitarias) e 1000 resultaron detidos ou feridos.

O aperturista ministro de educación presentou inutilmente a demisión ao considerar que a actuación violenta da policía non é admisible nun estado islámico e advertir do risco de confrontación nacional. O rector da Universidade Mansur Jalili Araqui tamén presentou a súa demisión en protesta pola actuación violenta das forzas da orde e das milicias integristas que violaron o recinto académico.

A liberación dos 200 estudantes detidos a destitución e posta a disposición xudicial do responsable da policía de Teherán, o xeneral Mohamed Ahmadi, non dan colmado as demandas do sector máis aperturista dunha convulsa sociedade que demanda vorazmente novas reformas. No punto de mira das esixencias dos manifestantes está o xeneral Hedayat Lotfian, a quen consideran culpable da orde de asalto á universidade, sen o aval do ministerio do interior. M. Ahmadi é o responsable máximo da policía da República Islámica,un dos máximos expoñentes das tendencias conservadoras que lidera o guía supremo o aiatolá Alí Jamenei.

A gravidade dos acontecementos acelerou a polarización da dual da República Islámica. Dende a Revolución de 1979 a sociedade non manifestará as súas demandas en manifestacións públicas tan numerosas, nas que os berros cuestionan as forzas armadas e demandan liberdade. A sociedade vive crecentes tensións dende a chegada ao poder do reformista Mohamed Jatamí, en maio de 1997, que permitiu un maior protagonismo da sociedade civil . Os conservadores, perdedores das eleccións, teñen posto toda a carne no asador para desafiar o protagonismo da sociedade e controlar o destino da república dende os poderosos resortes de poder e organismos que aínda controlan como o Consello Constitucional dirixo por Jariati.

A Rebelión nas aulas dos aiatolás pode acelerar perigosamente ata por en perigo o ritmo cadenciosamente pausado e lento de M. Jatami. A explosiva crise obriga a decantarse precipitadamente a partidarios da preponderancia da sociedade teocrática ou a defensores dunha sociedade civil.