Máis que moda

Múltiples miradas se dirixen cara a China. Dende hai vinte anos este inmenso país protagoniza unha transformación impresionante. Ninguén dubida que vai ser unha das potencias clave nas próximas décadas. Coa próxima entrada na Organización Mundial do Comercio rematará a terceira fase das reformas iniciadas por Deng Xiaoping e comezará o período máis intenso e competitivo para os investidores internacionais. Tamén Galicia debería dotarse dunha estratexia particular de aproximación a China. Ademais da moda, sectores como a pedra ou o agroalimentario constitúen referencias obxectivas nas que temos moito que dicir e que facer. Nun país das características sociopolíticas da China o respaldo institucional das estratexias empresariais resulta indispensable. ¿Para cando unha viaxe do Presidente Fraga a China?