Os pinochetistas levan a tensión ao parlamento chileno

Apartados xeográficos Latinoamérica ARQUIVO
Idiomas Galego

A difícil situación xurídica de Pinochet e o nerviosismo entre os seus partidarios, saldouse con exhibición de pancartas, golpes, abandonos e desaloxos, da sede parlamentaria, dos deputados herdeiros ao antigo réxime dictatorial. Mentres no exterior do parlamento sucedíanse os disturbios que remataron con máis de 180 detidos e 4 feridos.

Nada é igual logo da detención do dictador, novas iniciativas de parlamentarios pretenden impulsar un proceso xudicial que remate coa condición de senador vitalicio de Pinochet.

O presidente Frei pretende aproveitar o momento político de bloqueo institucional por mor dun parlamento atado por unha transición imperfecta que deu nunha democracia vixiada, para introdicir a posibilidade de referendos.

O titular do xornal La tercera "O 21 de maio máis conflictivo en 40 anos" , é boa mostra do clima de crispación no que vive Chile. A presencia dos embaixadores de Inglaterra e España, Gynne Evans e Juan M. Egea, foi o principal argumento esgrimido pola pro-pinochetistas para boicotear, planificadamente, o discurso de comezo de lexislatura pronunciado polo Presidente Eduardo Frei. Na súa disertación amais de lamentar a crise económica, a sequía e prometer mellorar a seguridade cidadá, Frei anunciou dúas novidades de especial interese político. En primeiro lugar o envío na segundo semestre deste ano dun texto lexislativo que permita someter a referendo propostas gobernamentais bloqueadas nun parlamento que mistura democracia representativa con designación arbitraria. Deste xeito preténdese circunvalar o sobredimensionado poder parlamentatio dos filopinochetistas. Por outra banda comprometeuse a reformar a constitución para velar polo desenvolvemento e protección xurídica dos pobos indíxenas.

Non foi o contido do discurso de Eduardo frei o que alporizou aos parlamentarios da UDI e da RN, senón a fraxilidade xurídica e política que os comeza a abafar. Por se non fose pouco a prolongada detención do senador vitalicio dende o 16 de outubro de 1998, Pinochet afronta ofensivas xurídicas internas que pretenden despoxalo das corazas protectoras das que se autoinvestiu.O xulgado nº 2 do crime de Santiago, anque non atopou culpables, determinou a existencia de"falsificación ideolóxica" no pasaporte diplomático. Isto supón que endexamais houbo misión especial na viaxe do senador vitalicio a Londres, principal argumento do Estado Chileno e da defensa do dictador para pedir a súa liberación. Un grupo de deputados da gobernamental coalición da Concertación preparan un requerimento diante do tribunal constitucional para inhabilitalo, mesmo no caso de confirmarse que viaxou a Londres en calidade de embaixador plenipotenciario, xa que os artigos 55 e 56 da Constitución establecen a incompatibidade entre os cargos de senador e de embaixador en misión especial.

A oposición chilena con escaso bagaxe democrático resístese a que o país se libere das ataduras e corpiños dunha transición inacabada.