susanar

Ruiz Seisdedos, Susana

É profesora Titular da Universidade do Área de Ciencia Política e da Administración da Universidade de Xaén. Ocupou diversos cargos de xestión académica desde o ano 2008 ata a actualidade, destacando que foi Vicedecana de Converxencia Europea e Calidade da Facultade de Traballo Social da Universidade de Xaén (2008-2012). Ten dous Sexenios de investigación recoñecida pola CNEAI para o período 2005-2010 e 2013-2018.

Na súa formación académica destacan dúas licenciaturas. Licenciada en Ciencias Políticas e Socioloxía, Especialidade en Ciencia Política e da Administración pola Universidade de Granada, 1999-2004 e licenciada en Dereito pola Universidade de Granada, 1994-1999. Tamén ten un Máster en Xestión da cooperación internacional e das ONGDS pola Universidade de Granada. A súa tese de doutoramento, defendida o 1 de xuño de 2007 na Universidade de Granada, e titulada “La política de cooperación al desarrollo descentralizado en Andalucía: la experiencia local (1999-2003)” recibiu o Premio á mellor tese de doutoramento polo Instituto de Desenvolvemento Rexional da Universidade de Sevilla (maio 2008). Ademais, recibiu dous premios máis polas súas investigacións: XI Premio Blas Infante de Investigación (2007) e o II Premio do Observatorio de Cooperación Descentralizada Unión Europea-América Latina (2008).

As súas publicacións, igual que a súa docencia en grao e posgrao, xiran en torno á orixe, desenvolvemento e implementación das políticas sociais, en xeral, e as de xénero, dependencia e cooperación para o desenvolvemento, en particular. O seu ORCID: 0000 0003 2660 8172. É membro do Consello Científico d Revista do IGADI, Tempo Exterior, e investigadora asociada na Liña de Cooperación Internacional e Axenda 2030.


Artigos de Ruiz Seisdedos, Susana