davidalvarado

Alvarado Roales, David M.

Politólogo, xornalista, escritor e consultor especializado no norte de África e mundo árabe, é investigador asociado do IGADI. O seu último libro é “Rif. De Abdelkrim a los indignados de Alhucemas” (2017, Ed. La Catarata)


Artigos de Alvarado Roales, David M.

Capa do Tempos Novos de febreiro

Unha necesidade estratéxica e histórica para Putin

Apartados xeográficos Rusia
Liñas de investigación Relacións Internacionais
Fronte á ameaza de invasión da Ucraína por Rusia, os Estados Unidos e a UE avogan polo diálogo co amo do Kremlim, quen se sabe en posición de forza fronte a un Occidente debilitado, aínda baixo os efectos da pandemia e vítima das súas contradicións e divisións, e sempre lastrado na toma de decisións pola natureza democrática dos seus sistemas políticos. Moscova ten manifestado o seu rexeitamento a aceptar negociacións interminables, poñendo sobre a táboa condicións imposibles de asumir polo bando occidental, que na práctica significan acordar a Rusia un dereito de veto sobre as decisións da OTAN. A «finlandización» ucraína semella unha opción aceptábel, se ben Rusia non desleixará a integración progresiva de Kiev na súa Federación.