marta

Álvarez Ares, Marta

Licenciada en Ciencias Políticas e da Administración pola Universidade de Santiago de Compostela e é especialista en Diplomacia Deportiva. Realizou o Mestrado en “Xestión empresarial do deporte” da Universidade de Vigo. Combina o proceso de formación e especialización na materia coa competición a nivel nacional de judo e fútbol


Artigos de Álvarez Ares, Marta

Fonte: Wikimedia

Eleccións lexislativas de Francia: Os riscos das eleccións máis próximas a uns xogos olímpicos no último seculo

Apartados xeográficos Europa
Liñas de investigación Relacións Internacionais Unión Europea
Francia acudirá ás urnas a menos de tres semanas da Cerimonia de Inauguración dos Xogos Olímpicos de París 2024. Isto é un feito histórico, sendo a ocasión que máis preto coinciden uns comicios do evento de verán en 100 anos, dende que se solaparan co transcurso do torneo, casualmente no mesmo país, en París 1924. Porén, a magnitude do evento deportivo actual non ten nada que ver con aquel, aínda amateur. Súmase, por tanto, un reto máis á cita Olímpica que, a pesares de que non debería afectar en termos organizativos, é moi probable que teñan impactos significativos na promoción dos Xogos e o turismo, na mobilización social, ou na súa imaxe e lexitimidade no exterior.

A diplomacia deportiva: Das turbulencias no 2023 aos Xogos Olímpicos de París 2024

Un 2023 sen os coñecidos mega-eventos deportivos non significou, en absoluto, baleiro de diplomacia deportiva. Para os deportistas, o ano preolímpico serve para lograr clasificacións e postos nos rankings cara aos Xogos. Paralelamente, os países empregaron a diplomacia deportiva para definir posicións nun contexto internacional convulso, como se estivesen, en certa forma, escalando postos nunha clasificación segundo o seu poder, seleccionando os seus equipos ou definindo os seus rivais.