sara a 2023

Álvarez Quintáns, Sara

Sara Álvarez Quintáns é doutora en Seguridade Internacional e experta en Crime Organizado Transnacional e Seguridade. Traballa como investigadora no Instituto Gutiérrez Mellado da Universidade Nacional de Educación a Distancia (IUGM-UNED). As súas áreas de investigación principais son a interrelación entre crime organizado transnacional, terrorismo e insurxencia, e as dinámicas de seguridade na rexión do Indo-Pacífico. Colabora co xornal Nós Diario. Conta con diversas publicacións tanto en medios especializados coma de difusión.

Artigos de Álvarez Quintáns, Sara

Parte IV: Nixeria, centro mundial de distribución de tráficos ilícitos

Apartados xeográficos Outros
Liñas de investigación Relacións Internacionais
O obxectivo desta serie de artigos é actualizar o panorama de fluxos ilícitos a nivel internacional. Con cada entrega, farase fincapé nun ben distinto: dende especies en perigo ata novas tendencias en narcotráfico. E, por suposto, quedará de manifesto a importancia das conexións transfronteirizas que afectan á natureza mesma de moitos destes fenómenos.

Parte III: Mariñeiros, no punto de mira

O hidróxeno como fonte de enerxía alternativa: implicacións xeopolíticas

A utilización do elemento hidróxeno como fonte de enerxía alternativa ós combustibles fósiles é unha tendencia á alza nos últimos anos. É previsible que as cifras continúen a aumentar segundo os costos de produción van diminuíndo. Gobernos como o do Xapón planifican basear unha parte importante da súa sociedade no hidróxeno nas próximas décadas.

En Estados Unidos, unha nova moda lexislativa está a pór en perigo os dereitos laborais dos menores

Nas últimas semanas, varios informes de distintos organismos comezaron a alertar do cambio de tendencia na aplicación da lexislación contra o traballo infantil en Estados Unidos. Algúns estados están a cambiar as leis que prohiben e regulan o traballo de menores; o que podería ter consecuencias fatais para os seus dereitos.