É un investigador centrado nas relacións internacionais europeas e do Leste de Asia, especialmente de China. Os seus intereses concéntranse principalmente nas políticas da identidade, na dinámica China-Taiwán e no desenvolvemento dos dereitos humanos na rexión do Leste e Sueste Asiático, con especial atención ás cuestións de xénero. Tamén lle interesa o estudo das conexións entre a política internacional e a doméstica.
Ten ampla experiencia non só investigando sobre a rexión, senón tamén vivindo nela e participando en estadías académicas en Taipei, Tainan, Seúl e Beijing. Actualmente está rematando o seu mestrado na Yenching Academy da Universidade de Peking. Alén do ámbito académico, exerceu posicións de liderado na Asia Society Korea Youth, no European Forum Alpbach e no programa de Jóvenes Líderes Iberoamericanos. Así mesmo, traballou en diferentes think tanks estudantís como o European Student Think Tank e European Guanxi. Todas estas experiencias proporcionáronlle unha gran desenvoltura para o traballo en grupos multiculturais e alta flexibilidade no seu desempeño.
Apaixonado polos idiomas e consciente da súa importancia para a investigación, no seu tempo libre continúa co estudo do chinés mandarín.
Artigos de Barroso, Ignacio

Macau, lusofonía e Galicia: cara a unha nova xeografía educativa.

