javier.bouzas 2 600x356 1

Bouzas Arufe, Javier

Licenciado en Administración de Empresas (2007) con Honores. Máster en Marketing pola University College Dublin (2008) e Máster en Xestión Internacional pola University College Dublin e The University of Sydney (2014) grazas a unha bolsa da Fundación Barrié. Actualmente, curso un doutoramento na Universidade de Santiago de Compostela, centrando a miña investigación na internacionalización do emprendemento galego. Froito deste traballo publiquei na Revista Galega de Economía o artigo “The Galician Entrepreneurship Internationalization Matrix: A Regulatory Framework”, que propón un marco normativo para comprender e potenciar a proxección internacional das iniciativas empresariais da rexión. 

Con experiencia profesional en 4 continentes, destaquei en proxectos como a apertura da primeira oficina en Latinoamérica dunha das empresas de e-learning máis relevantes de Europa; contribuín á internacionalización dunha pequena empresa familiar galega e fundei a miña propia firma coa que conseguín asinar un contrato de distribución coa maior distribuidora mundial de materiais de construción en menos dun ano. Na miña carreira docente, teño formado máis de 1.500 estudantes en áreas como tecnoloxías da información, economía, negocios internacionais e xestión de operacións. 

 A miña actividade investigadora e profesional combina un forte enfoque na análise cultural e na xestión empresarial internacional, cunha vocación pola innovación e o emprendemento. Este perfil multifacético permite conectar a investigación académica coa aplicación práctica, co obxectivo de contribuír ao desenvolvemento sustentable e global das empresas galegas.


Artigos de Bouzas Arufe, Javier

Aluminio galego: Industria estratéxica e proxección exterior

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Liñas de investigación Paradiplomacia Economía
O aluminio constitúe un dos sectores industriais máis estratéxicos da economía galega, pola súa base produtiva, e especialmente pola capacidade que ten para transformar materia prima en valor engadido, emprego cualificado e presenza exterior. Galicia conta cun ecosistema singular, onde a industria primaria convive cun tecido de empresas familiares altamente internacionalizadas, capaces de competir nos mercados máis esixentes e de situar o aluminio como un dos piares do seu modelo exportador. Nunha economía europea marcada pola transición enerxética, a reestruturación das cadeas de subministración e a competencia industrial global, o aluminio galego destaca como exemplo de industria real, caracterizada pola innovación, o vínculo co territorio e a orientación internacional.