Lista Rede IGADI
Vinculacións Investigadorxs Asociadxs
Graduada en Relacións Internacionais pola Universidade Complutense de Madrid, cunha gran interese nas areas da cooperación internacional e a Unión Europea. Conto con experiencia previa en proxectos sociais con organizacións do panorama nacional como Helsinki España ou Cruz Vermella, e de índole internacional coa participación en iniciativas comunitarias ou seminarios.
Artigos de Caramés Leiro, Marta

A Acción Exterior da Comunidade de Madrid
Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Liñas de investigación Paradiplomacia
Sendo este o sexto dos artigos publicados na nosa serie de paradiplomacia, parece que pouco a pouco imos conseguindo unha visión máis holística do que significa a acción exterior das comunidades autónomas españolas. Deste xeito, no presente escrito reorientamos o noso foco cara ao centro do país, a capital. Madrid, como xa aventuramos no artigo anterior, é o centro neurálxico da actividade do Estado. Nas súas rúas é habitual ver ministerios, coches oficiais a montóns e innumerables edificios gobernamentais, ¿será isto determinante para su acción exterior?

A acción exterior do País Vasco
Liñas de investigación Paradiplomacia
Despois da análise previa da Junta de Andalucía e do Goberno de Aragón, o tema que nos ocupa neste artigo faise un pouco máis complexo. Trátase dunha desas comunidades "máis problemáticas" que pola súa forte influencia cultural, lingüística e histórica difire ás veces das accións centralizadas do Estado. Este é o caso do País Vasco.

A Acción Exterior do Goberno de Aragón
Apartados xeográficos Europa
Liñas de investigación Paradiplomacia
Serie "A Acción Exterior das Comunidades Autónomas en España", Artigo 4

A Acción Exterior da Junta de Andalucía
Apartados xeográficos Europa
Liñas de investigación Paradiplomacia
De que falamos cando nos achegamos a Acción Exterior da Junta de Andalucía?

A paradiplomacia dentro da Unión Europea: Entrevista a Francisco Aldecoa
Como xa se aventurou no artigo anterior, a Unión Europea concede cada vez máis importancia á acción rexional. O Comité das Rexións ou a participación destas entidades nas Conferencias Sectoriais son os mellores exemplos para demostralo. É por iso que hoxe contamos coa presenza de Franciso Aldecoa, catedrático de Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais […]

Qué é a paradiplomacia e a acción exterior das CCAA en España?
Liñas de investigación Paradiplomacia
Nos últimos anos, o termo “paradiplomacia” acadou un considerable nivel de popularidade e uso nas Relacións Internacionais, caracterizado pola ambigüidade terminolóxica que o subxace e pola degradación do sistema estatal-céntrico, vinculado por suposto á iniciativa de organizacións como a Unión Europea, que xeraron un considerable impulso no papel das entidades rexionais mediante a reformulación do Tratado de Maastricht ou a creación do Comité das Rexións.
