Lista Rede IGADI
Vinculacións Colaboradores
~ Nacida en Pontevedra, é licenciada en Dereito pola Universidade da Coruña. Traballou como avogada especializada en dereito de familia e violencia de xénero entre 2010 e 2020. Foi concelleira de Benestar e Igualdade de Pontevedra en dous períodos (2016-2020 e 2023-2024). Desde 2020 é deputada no Parlamento de Galicia polo Grupo Socialista, e na actualidade é voceira da área de Política Exterior e Emigración. Está implicada na Rede Galega pola Igualdade e na Solidariedade Internacional.
Artigos de Castro Rey, Paloma

Emigración e inmigración: dous puntais fundamentais sobre os que construír a Galicia do futuro
A emigración galega ten xogado un papel de primeira magnitude ao longo da Historia Contemporánea de Galicia. Non existe aspecto no que non teña incidido dende un xeito ou outro, xa sexa no económico, no político, no cultural, no social ou no demográfico. Certamente o desenvolvemento histórico deste fenómeno ten as súas luces e as súas sombras. Se ben o diñeiro enviado polos emigrantes ten contribuído á modernización do agro galego, sumido no máis absoluto atraso a fins do S.XIX e nos anos 40 e 50 da postguerra civil ao ser violentamente rabenado o proxecto modernizador que se albiscaba nos anos da República cando semellaba atinxirse o desexado réxime de autonomía, ao carecer dun proxecto de país os esforzos dos emigrantes por mellorar as condicións de vida dos que aquí ficaban resultaron insuficientes para transformar a fondo a economía galega.
