Franco Grande, Xosé Luís


Artigos de Franco Grande, Xosé Luís

De Fidel a Raúl

Apartados xeográficos Latinoamérica ARQUIVO
A contundencia de Raúl Castro non pode ser maior: ou cambiamos ou nos afundimos, a risco de acabar co traballo de varias xeracións. Por certo que, entre as causas do mal que están as cousas, citou varias pero non vexo que se refira ao chamado “bloqueo” da illa. Toda unha novidade. Fálase na prensa de […]

Noxo á democracia

Apartados xeográficos Outros ARQUIVO
Ten boas razóns Chomsky para soster que, das filtracións debidas a WikiLeaks, se segue a dramática revelación do amargo noxo que a democracia produce no Goberno dos EE UU e no seu servizo diplomático. Ao mellor, o feito é moito máis xeral, case diriamos que universal. Chomsky  pon o exemplo do desprezo que ao Goberno […]

Wikileaks

Apartados xeográficos Outros ARQUIVO
WikiLeaks é algo novo na súa orixe, no seu mostrase ao público, na súa asoballante capacidade para deixar núa a toda unha diplomacia, neste caso a do país máis poderoso do mundo, arrastrando cando a si a dos demais países, grandes ou pequenos, nun verdadeiro tsunami global. O enrabechamento dos EE UU, aínda sendo esperado, […]

Algunhas saídas

Apartados xeográficos Outros ARQUIVO
Si que hai algunhas saídas para a crise en que estamos. E para todos os gustos, algunhas moi radicais e outras a máis longo prazo. E hai quen pensa que non había ningunha necesidade de chegar aos rescates de economías como a irlandesa, que só van aumentar o paro e a recesión e a esmagar […]

Terra queimada

Apartados xeográficos Europa ARQUIVO
O caso irlandés, como o grego, e o portugués ou o español calquera día, pon ben de manifesto a existencia real dun poder á marxe dos gobernos, unhas veces en conivencia con estes, outras por escasa decisión política e outras porque sinxelamente non hai maneira de opoñerse a el. É, naturalmente, o poder da gran […]

Gobernos pexados

Apartados xeográficos Outros ARQUIVO
Joseph Stligitz, coa sinxeleza e a claridade que adoita nos seus escritos, resumiu así as medidas que cómpren para saírmos da crise: “Se unha familia non pode pagar as súas débedas, recoméndaselle que gaste menos para que poida facelo. Pero nunha economía nacional, se se recorta o gasto, devece a actividade económica, ninguén inviste, baixa […]

Bush e a tortura

Apartados xeográficos ARQUIVO Estados Unidos
No seu libro Decision Points, de recente aparición, Bush defende a tortura, as instrucións que deu para que se torturase e as torpes xustificacións que se procuraron para fundamentala legalmente. Sen a menor dúbida, unha das maiores vergonzas do noso tempo. Unha vergonza, xusto é dicilo, na que non estivo só senón en moi boa […]

Nacionalismos e demais

Apartados xeográficos ARQUIVO Outros
As conferencias internacionais acostuman rematar en fracaso. E case sempre polas mesmas causas: por un nacionalismo que non vai, non pode ir, á par das realidades e esixencias, económicas e políticas, do noso tempo. En Europa sabémolo moi ben. O fracaso do recente cumio do G-20 é un bo exemplo. Na mesa de traballo tiñan […]

Obama no día despois

Apartados xeográficos Estados Unidos ARQUIVO
Non hai a menor dúbida: Obama recibiu un bo tirón de orellas, como era esperado.  Pero tamén haberá que ter moi claro que as eleccións non foron gañadas polo Partido Republicano senón pola economía e o alto desemprego.  Por iso moitos analistas pensan que non houbo viraxe para a dereita. ¿Pode gobernar Obama, isto é, […]

Quen manda aquí?

Apartados xeográficos Outros ARQUIVO
Estamos cansos de ler e de oír que os mercados impoñen aos gobernos unhas determinadas políticas, favorables para os seus intereses e prexudiciais para a sociedade. Máis exacto sería dicir que son a gran banca e o gran capital os que impoñen aos gobernos a política que lles convén. Este aserto xa non o pon […]