Alberte García Nespereira

García Nespereira, Alberte

Licenciado en Economía e Diplomado en CC Empresariais, Máster en dirección económico-financeira e MBA, con experiencia de máis de 15 anos en varios departamentos da armadora viguesa Pescapuerta SA, onde actualmente é Subdirector de Administración e Finanzas da empresa Elmar Frozen Food (Grupo Pescapuerta). Foi directivo durante 3 anos da empresa leonesa “Congelados y Derivados SA”. Articulista en diversos medios dixitais acerca de temas sociais, políticos e económicos.


Artigos de García Nespereira, Alberte

Fonte imaxe: Wikipedia

Barcos made in Galicia: unha industria histórica orientada cara ao exterior

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Liñas de investigación Economía Paradiplomacia
Nos últimos días ten saltado aos medios de comunicación o conflito entre o estaleiro galego Cardama e o Goberno do Uruguai (1) por supostas irregularidades na construción de dúas patrulleiras destinadas á Armada dese país. Máis alá da controversia en si mesma, este tipo de noticias salientan o interese que esperta o sector da construción naval galega no ámbito internacional.

A internacionalización das empresas construtoras galegas

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Liñas de investigación Paradiplomacia Economía
No ano 2011 tivo moita relevancia mediática a noticia da adxudicación da posta en marcha do ferrocarril de Alta Velocidade entre as cidades árabes de Medina e A Meca a un consorcio de empresas entre as que formaba parte a galega COPASA(1). Máis alá da posible mediación da monarquía española na consecución dese contrato, púxose de manifesto a capacidade técnica das nosas empresas construtoras para afrontaren retos internacionais complexos.