Luis Antonio Gonzalez Francisco

GONZÁLEZ FRANCISCO, Luis Antonio

É especialista en seguridade e terrorismo global. Conta con ducias de publicacións en medios especializados. Entre a súa formación destacan, entre outros, Diploma de especialización Seguridad en el Mediterráneo, Próximo Oriente y Oriente Medio (Universidad Nacional de Educación a Distancia-UNED); Diploma de especialización Análisis del Terrorismo Yihadista, Insurgencias y Movimientos Radicales (Universidad Pablo de Olavide -Sevilla); Título propio en Fenomenología Terrorista: Bioterrorismo, Prevención Epidemiológica, Ciberterrorismo y Amenazas Químicas (Universidad de Granada); Curso de Especialización en Servicios de Inteligencia y Seguridad Internacional (Universidad de Alicante).


Artigos de GONZÁLEZ FRANCISCO, Luis Antonio

Conflito palestino-israelí: Corolario de resolucións diplomáticas non executadas que explican en parte a situación actual

Apartados xeográficos Oriente Medio
Liñas de investigación Relacións Internacionais
O 14 de maio de 1948 proclamouse a creación do Estado de Israel. Pouco despois, e xa antes, a rexión foi escenario dun violento enfrontamento, o cal, en diversas fases e intensidades mantense con toda a súa dureza ata os nosos días.Iso que se denomina “comunidade internacional” tratou durante décadas, principalmente a través da ONU de solucionar, ou ó menos de conter, as disputas entre Palestina e Israel. Este esforzo materializouse a través de numerosas resolucións, algunhas delas anteriores incluso a propia declaración de independencia de Israel.
Mapa de Uganda. Fonte: https://www.hrw.org/reports//2003/uganda0803/1.htm

Matar no nome de Deus: O caso de Alice Auma, Lakwena

Apartados xeográficos África
Liñas de investigación Relacións Internacionais
En non poucas ocasións, tras unha morte violenta ou un atentado terrorista, sustentado ou máis ben escusado, nunha terxiversada interpretación dun sentimento relixioso, pode pasar que figuras públicas non perdan a ocasión de vincular de maneira errónea, a violencia cun determinado sentimento relixioso. Para comprobar que o fanatismo non é propiedade exclusiva de ningunha fe, chegaría con «viaxar» á Uganda de finais do século pasado.