IGADI ANAGRAMA

IGADI, INSTITUTO GALEGO DE ANÁLISE E DOCUMENTACIÓN INTERNACIONAL

O Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI) é un think tank independente e unha asociación de estudos internacionais que nace en 1991 cun dobre propósito fundacional: reflexionar sobre os problemas e tendencias da sociedade internacional contemporánea e pular por unha maior inserción de Galicia no mundo a todos os niveis.

Somos unha comunidade de coñecemento plural, que desde Galicia e con conexións nos 5 continentes, impulsa a reflexión sobre as relacións do local co global e o mundo no que vivimos. Nos nosos 34 anos de historia fixemos algunha cousa…


Artigos de IGADI, INSTITUTO GALEGO DE ANÁLISE E DOCUMENTACIÓN INTERNACIONAL

A Política Exterior Feminista na IGADI TV

Apartados xeográficos Europa Latinoamérica
No marco da segunda edición do proxecto “A Política Exterior Feminista e o Pacto do Futuro” o pasado 5 de marzo tivemos un programa especial de máis de dúas horas e media de duración na IGADI TV. No programa, presentado por Patricia Coloret, Elisabet Golerons e Daniel González Palau, participaron María Solanas, Manuela Mesa e […]

Presentación do libro de Diego Sande Veiga “As políticas rexionais de innovación empresarial en Galiza”. Investigación gañadora do XXVI Premio Colmeiro

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Liñas de investigación Economía Unión Europea Paradiplomacia
O Premio Manuel Colmeiro da Escola Galega da Administración Pública (EGAP) destaca anualmente traballos de investigación que teñan como obxecto a Administración pública de Galicia. No ano 2024 o xurado premiou o traballo de Diego Sande, profesor de Economía na Universidade de Santiago de Compostela así como Director do Diploma en Economía e Política China da mesma Universidade. É o Secretario do IGADI e coordenador da nosa Liña de análise e investigación en Economía.