Rubén C. Lois González, é Catedrático de Xeografía da Universidade de Santiago de Compostela (España), Vicepresidente da Unión Xeográfica Internacional (UGI) e membro do Consello Científico da revista do IGADI Tempo Exterior.
Foi profesor convidado en universidades de Francia, Noruega, Italia e a Federal de Bahía-UFBA (Brasil). Investigador Principal de varios proxectos da Unión Europea e internacionais de cooperación transfronteriza. Autor de perto de 200 libros e capítulos de libro, e máis de 150 artigos en revistas académicas. Entre elas destacan, Scripta Nova, Finisterra, Annales de Géographie, Sud-Ouest Européen, Die Erde, European Planning Studies, Land, Use & Policy, Revista Geográfica del Norte Grande, Mobilities, Territory, Politics and Governance, Sociologia Ruralis y Gender, Lugar e Cultura. Dirixiu 37 Tesis Doutorais. Foi Decano da Facultade de Xeografía e Historia de Santiago de Compostela. Membro da Directiva da Asociación de Española de Geografía (1997-2011 e desde 2017 ata hoxe) e fundador do Colexio de Xeógrafos de España (1999). ORCID: 0000-0003-4717-1061