ivan lopez

López Díaz, Iván

Doutorando na Universidade Autónoma de Madrid, programa de Dereito, Goberno e Políticas Públicas. Graduado en Ciencias Políticas e da Administración Pública e máster en Marketing, Consultoría e Comunicación Política pola Universidade de Santiago de Compostela.

Destaca a súa experiencia profesional como investigador tanto na universidade como no mundo privado con especialidade no analise de datos a través dunha metodoloxía cuantitativa.


Artigos de López Díaz, Iván

Teatro Nacional de Costa Rica

Costa Rica na encrucillada: O futuro do país tras as eleccións xerais de 2026

Apartados xeográficos Latinoamérica
Liñas de investigación Relacións Internacionais
As eleccións xerais en Costa Rica marcaron o fin do excepcionalismo democrático do país. O triunfo de Laura Fernández consolidou un discurso de "man dura" fronte a unha crise de seguridade sen precedentes e unha profunda desigualdade territorial. Este proceso electoral revela unha nación fracturada que, entre a apatía e o medo, decidiu romper co seu pasado bipartidista para estreitar entre os brazos un modelo de confrontación institucional.

Arxentina 2025: Habitar a fenda

Apartados xeográficos Latinoamérica
Liñas de investigación Relacións Internacionais
O arranque dun novo ano convida inevitablemente ao balance e á reflexión retrospectiva. É un exercicio fundamental para gañar perspectiva sobre o vivido, unha tarefa que se torna aínda máis necesaria e complexa cando o obxecto de análise é a realidade da Arxentina.
Casa Rosada, sede do goberno arxentino

(500) Days of Milei

Liñas de investigación Relacións Internacionais
O pasado 23 de abril, Javier Milei cumpriu cincocentos días como presidente da Arxentina, un período marcado por fortes axustes económicos, promesas de cambio e algunhas polémicas. Nas seguintes liñas analizamos como evolucionou a súa relación coa cidadanía durante este tempo.