Lista Rede IGADI
Vinculacións Investigadorxs Asociadxs
~ Membro do Consello Reitor do IGADI
Membro do Consello Reitor do IGADI
Artigos de Lugrís, Ramón
Toni Blair xa era partidario dun cambio de réxime en Irak moito antes da invasión. Primeiras revelacións da Comisión Chilcot
Unhas enormes nádegas ocupan a maior parte do debuxo que o caricatursta inglés Steve Bell pubricou no xornal The Guardian o 25 de novembro. Asomando entre as nádegas, unha figura medio afogada: a de Sir John Chilcot, Presidente da Comisón que investiga a guerra de Irak. As nádegas son as do Primeiro Ministro, George Brown. […]
De “SITEL” e outras bases de datos
Cánta información hai almacenada nas enormes bases de datos que diferentes Estados recollen a través de sistemas de interceptación de comunicacións? Nun recente informe preparado por un think tank do Pentágono dos EE.UU. – a MITRE Corporation – , a medida que milloran os sensores que permiten a vixilancia das comunicacións, o volumen de dato […]
Aviso: A democracia mata
Case simultáneamente veñen de sair do prelo na Gran Bretaña dous libros que falan, ún, dos perigos que ameazan á democracia e, o outro, dos perigos que a democracia pode comportar. O primeiro deles, “Democracia á venda: Cómo fixemos diñeiro e perdimos a nosa liberdade”1, parte da consideración de que Marx estaba errado: o ópio […]
A quen lle importa a clase traballadora branca?
Haberá uns trinta anos, tres famosos cómicos ingleses – ún alto e fachendoso, outro de mediana estatura e ben mantido e un terceiro baixiño e comedido – postos diante do público, mantiñan un breve diálogo. O alto dicía, máis ou menos, “eu ollo de enriba embaixo a estes dous porque eu sou de clase alta”. […]
¿Un novo branqueo? A comisión británica que vai investigar a invasión de Iraq
Tiña cento once anos cando morreu. Era o derradeiro sobrevivente dos soldados de infantería que sofriron o pesadelo da “guerra de trincheiras” nas gabias enlamadas de Francia ou Bélxica, no conflicto de 1914-1918. Harry Patch, inglés, fontaneiro de profesión, non quixo por moitos anos falar do horror daquela guerra, mais chegou un momento na sua […]
Outro problema para China: os tibetáns refuxiados en Nepal
O pasado día 6 o Dalai Lama cumplía 74 anos, e os tibetáns refuxiados en Nepal anunciaran un día de acción para conmemorar a data e, ao mesmo tempo, denunciar a política chinesa no Tibet, como levaban facendo durante 50 anos. Mais desta vez as cousas tiñan máis trascendencia porque desde algún tempo os grupos […]
No fondo, o problema é Israel: Obama e “a última oportunidade”
O discurso do Presidente Obama na Universidade de El Cairo abre unha nova era nas relacións de EE.UU. co mundo árabe e musulmán e – polo menos eso pretende – con Israel. Unha nova era que, nos comentarios da prensa internacional, preséntase pouco menos que como “unha última oportunidade” de levar adiante o tantas veces […]
Cousas que acontecen: Unha avogada británica esixe transparencia
“Stuff happens”, son cousas que acontecen, decía o personaxe que representaba a Ronald Rumsfeld na obra que levaba ese título do dramaturgo inglés David Hare, na que retrataba e condeaba a invasión de Iraq polos EE.UU. Non era unha invención de David Hare porque iso decía Rumsfeld cando lle pregutaban polo caos que desatara a […]
